Carriola.Redacción.24.11.21
O Ateneo Santa Cecilia anuncia xa para facilitar a planificación familiar, o seu taller de manualidades que se ofrece para os nenos durante seis días das vacacións de nadal
Na convocartoria desta actividade navideña desde o propio Ateneo indican:
“Xa estamos na recta final para o comezo das festas do Nadal, e con elo, as vacacións dos máis peques. Por iso, dende o Ateneo Santa Cecilia estamos organizando uns Talleres de Manualidades de Nadal para que os/as cativos e cativas poidan disfrutar un chisquiño máis do Nadal e que os maiores poidades estar un pouco máis liberados de tempo.
Realizaranse os días 22, 23, 27, 28, 29 e 30 de decembro, de 10:00 a 12:00. O material para realizar a actividade está incluído no prezo. Estos talleres están dirixidos a peques de 6 a 12 anos.
O prazo para inscribirse, remata o venres 17 de decembro.
Para máis información de prezos e poder anotarse, pode facerse no local do Ateneo Santa Cecilia, de martes a venres de 17:30 a 20:30. Tamén pódese facer por correo electrónico (ateneosantacecilia@gmail.com) ou por teléfono/WhatsApp (698 171 276).”