The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Un dos premios especiais da campaña de nadal de Estrela de Marín foi gañado por Mari Luz Román, clienta de Peluquería Loli Seara

Carriola. Yonathan Carreira (*)12.01.22

A Campaña de Nadal "TI ES A NOSA ESTRELA DO NADAL", rematou hoxe co sorteo, que foi retransmitido en directo en Redes Sociais, dos 4 grandes premios de 1.000 euros en vales compra, dos que pronto gozarán os seus gañadores. 

 

Tal como se explicaba nas bases da campaña, os premios outorgábanse ao azar entre todas as participacións rexistradas en www.comerciodomorrazo.com, Os gañadores/as dos 4 premios de maior contia, de 1.000 euros cada un, competían dentro dese gran "bombo virtual" e que nesta edición acumulou preto de 80.000 participacións.

Esta entrega de premios pon fin á campaña que este ano, e por segunda vez, levou por nome "TI ES A NOSA ESTRELA DO NADAL", e que repartiu máis de 15.000 € en premios. 

No tocante a nosa vila de Marín, rexístraronse un total de 24.106 códigos, superando deste xeito, os números da campaña de Nadal do ano pasado.

GAÑADORES PREMIOS 1000€

Premiad@s:

-Paula Malvar Rodas- LOREN OSTEÓPATA (Bueu)

-Eloy Domínguez del Río - FOTO MARCIAL (Cangas)

-Mari Luz Román-PELUQUERÍA LOLI SEARA (Marín)

-Tere Pazos Malvido- 7 FRESAS (Moaña)

A entrega de premios ao gañador de Marín, terá lugar o martes día 11, ás 13 horas. Deste xeito,Mari Luz Román recollerá o seu vale de 1.000€, na Perruquería Loli Seara.

(*) Xerente de “Estrela de Marín”