The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O PP nega o seu apoio ao rexeitamento a instalación de parques eólicos no Morrazo

 Carriola.Lucía Santos Omil (*).15.01.22

O goberno de María Ramallo antepuxo os seus intereses partidistas por riba do benestar da súa veciñanza, evitando posicionarse contra o Plan Sectorial Eólico impulsado polo goberno da Xunta que promove o boom eólico e depredador que ameaza a centos de concellos galegos, entre eles Marín, desenvolvendo unha expansión eólica sen planificación nin control público.

Nestes tres últimos anos, especialmente nos últimos meses,  proliferan os proxectos de parques eólicos ao longo de todo o País convertíndose nunha grave ameaza sen precedentes para o territorio galego no que únicamente saen beneficiadas as empresas eléctricas co beneplácito do goberno do PP da Xunta, que leva 12 anos facendo mudanzas normativas para levar a cabo a construcción de parques eólicos sen control.

Neste momento hai máis de 300 parques eólicos proxectados na nosa comunidade e durante o último ano foron coñecéndose propostas en múltiples concellos da nosa contorna: Poio, Pontevedra, Barro, Meis, Forcarei, A Estrada, Campolameiro, Beariz, ou Cerdedo- Cotobade onde tan só neste último hai proxectado até 14 plans!

O Morrazo celebraba a mediados do mes de outubro a renuncia da empresa italiana Enel Green Power para a construcción do parque eólico no lugar de Pedras Negras, pero  poucos días despois volvían os rumores de novos proxectos para o Morrazo promovido pola empresa  ARATEL que afectaría aos montes de Marín e Moaña.

 No BNG consideramos que a instalación de parques eólicos nos montes da comarca  acarrearía consecuencias desastrosas poñendo en perigo acuíferos dos que se subministran os concellos de Marín e Moaña e a destrucción dunha zona de alto valor paisaxístico e ambiental, ademais do impacto negativo na saúde da veciñanza e a perda de valor económico dos terreos e vivendas da contorna.

Polo que o BNG trasladou a pleno municipal a moción presentada no pasado mes de decembro, na que se solicitaba o rexeitamento á instalación de parques eólicos nos montes do Morrazo, instando á Xunta a crear un novo marco regulador do sector eólico que incremente as garantías sociais, económicas e medioambientais cun novo Plan Sectorial Eólico.

O PP despois de bloquear o debate desta moción no pasado mes de decembro alegando non poder posicionarse ante a falta de proxecto, presentou unha enmenda de substitución solicitando o rexeitamento a instalación de parques eólicos no Monte Xaxán e Monte San Lourenzo pero deixando a  porta aberta a apoiar  novas ubicación no Morrazo e negando o apoio do goberno municipal á Plataforma “Eólicos no Morrazo Non”.

Por todo isto, o BNG rexeitou aceptar a enmenda xa que entendemos que o  PP xoga a confundir á cidadanía e poder saír airosos da situación, intentando evitar o debate sobre o Plan Sectorial Eólico, impulsado polo goberno do PP da Xunta, que é quen dá luz verde ás empresas eléctricas a encher o país de macroeólicos que nin crean emprego nin deixan riqueza, ao contrario, espolian o noso patrimonio medioambiental.

Finalmente, o PP non apoiou esta moción sendo lamentábelmente Marín polo momento, o único concello do Morrazo que non rexeita a instalación de parques eólicos nos nosos montes.  A portavoz municipal do BNG manifesta que “isto vén a demostrar a total e absoluta incoherencia do PP ante esta problemática,  decidindo o seu voto según lles convén, xa que no concello de Moaña o PP abstívose na votación desta mesma moción e no de Cangas votou a favor. María Ramallo e a súa equipa de goberno volve a dar as costas ás reivindicacións veciñais negando o apoio á Plataforma veciñal Eólicos no Morrazo Non.

No pasado mes de decembro, o goberno municipal do PP evitou o debate da instalación de parques eólicos porque dicían non poder posicionarse ao non ter un proxecto, un mes despois sigue sen haber proxecto presentado, xa que o único que hai é unha consulta de parcelas pero nada mais, polo que a situación é a mesma que en decembro o que demostra que o PP mentía no seu argumento.

No pleno de onte, o goberno de María Ramallo antepuxo os seus intereses partidistas por riba do benestar da súa veciñanza, evitando posicionarse contra o Plan Sectorial Eólico impulsado polo goberno da Xunta que promove o boom eólico e depredador que ameaza a centos de concellos galegos, entre eles Marín, desenvolvendo unha expansión eólica sen planificación nin control público.

(*) Portavoz Municipal do BNG