Carriola.Informa Estrela de Marín.15.02.22
Desde o Centro Comercial aberto de Marín informamos do inicio dunha nova iniciativa, “Vive unha primeira Estrela”, baixo cuio nome poñemos en marcha unha outra campaña de dinamización comercial, mediante a cal pretendemos incentivar as compras e fidelizar aos clientes
Consiste, básicamente, no sorteo de 600€ en tarxetas de regalo de Comercio do Morrazoe, deste xeito, pasámosvos a detallar en que consiste:
- a)Entregaremos 400 papeletas e 1 cartel A3 para cada establecemento.
- b)As papeletas entregaranse aos clientes ata ao 15 de xuño, e deberán cumplimentalas e depositalas nas urnas habilitadas para tal fin. Unha urna, ubicarase na sede social en horario de oficina. Outra urna, colocarase na Praza de Abastos.
- c)Entre todas as papeletas sortearanse o 15 de xuño ás 13 horas, 7 tarxetas regalo por importe de 600€:
* 1 de 200€
* 2 de 100€
* 4 de 50 €
- d)As tarxetas regalo consumiranse nos establecementos que outorguen os premios, por este motivo AS PAPELETAS QUE NON VEÑAN SELADAS NON PARTICIPARÁN NO SORTEO.
- e)Non serán válidas aquelas papeletas que veñan cumplimentadas por familiares directos ou empregados do establecemento que as entregue.