Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O BNG presenta, por medio de Lucía Santos, iniciativas de apoio aos refuxiados ucranianos na xuntanza dos grupos municipais celebrada onte

Carriola.BNG.19.03.22

Lucía Santos propón solicitar ao Ministerio de eduación a desafección das vivendas baleiras dos colexios públicos para que sexan rehabilitadas e postas a disposición para as familias que o precisen.

A portavoz do BNG, Lucía Santos, participou na xuntanza de grupos municipais celebrada na mañá do venres, para valorar as iniciativas que se poidan desenrolar dende o Concello de Marín para ofrecer axuda ás familias procedentes de Ucraína.

A situación humanitaria que está a vivir a poboación ucraína é tremendamente dramática con máis de 2 millóns de persoas fuxindo do seu país e lamentábelmente, se non se pon freo á guerra, as consecuencias serán desastrosas.

Lucía Santos manifestou que calquer tipo de colaboración que se leve adiante debe ir coordinada e organizada ben a través da FEGAMP ou ben polas ONGD que están traballando no lugar e saben perfectamente cáles son as necesidades.” 

Son moitas as persoas que mostran solidariedade e queren colaborar ante esta tremenda situación polo que sería bo que estas accións vaian encauzadas polos organismos públicos. É por isto, que a portavoz municipal do BNG trasladou dúas propostas, a primeira é que, dende o Concello, se leve a cabo un rexistro de vivendas que a veciñanza poida poñer a disposición para acoller persoas refuxiadas por un tempo determinado.

Vivendas sen uso nos colexios públicos

En segundo lugar, Lucía Santos propuxo ao goberno municipal solicitar ao Ministerio de educación a desafección das vivendas baleiras dos colexios públicos para que sexan rehabilitadas e postas a disposición tanto para a acollida de familias refuxiadas como para familias en risco de exclusión. Estas vivendas ademais, poderían ser utilizadas no futuro como locais sociais onde se poidan levar a cabo actividades promovidas por entidades culturais da localidade, polo que resultaría moi interesante poñer a disposición municipal ditos espazos.

roslev