Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A limpeza do Pozo da Revolta e das beirarrúas en Mogor motivan unha interpelación do BNG no Pleno do xoves

Carriola.Redacción.23.04.22

Lucía Santos presentou no Pleno do pasado xoves unha interpelación na que manifestou que na zona de Mogor, a veciñanza ten que camiñar pola estrada, co perigo que isto supón para a integridade das persoas, xa que se trata dunha estrada, a PO-551, cun gran volume de tráfico onde moitos vehículos pasan a gran velocidade por dito tramo.

A Portavoz municipal do BNG, Lucía Santos, solicitou no pleno municipal celebrado onte xoves, que o goberno local leve a cabo a limpeza e desbroce do Pozo da Revolta e das beirarrúas na avenida Aviador Calviño en Mogor, xa que a maleza invade totalmente a beirarrúa sendo imposíbel transitar con seguridade.

Lucía Santos manifesta que “debido o estado de inaccesibilidade no que se atopa a beirarrúa, a veciñanza ten que camiñar pola estrada, co perigo que isto supón para a integridade das persoas, xa que se trata dunha estrada, a PO-551, cun gran volume de tráfico onde moitos vehículos pasan a gran velocidade por dito tramo.”

Pozo da Revolta

A Portavoz municipal do BNG solicitou a limpeza e posta a punto do Pozo da Revolta, en Bagüín, na parroquia de Mogor, onde se atopa o monumento en homenaxe aos represaliados en Marín durante a guerra civil e a posguerra, e que se atopa en moi mal estado, cheo de silveiras.

As reclamacións ao goberno municipal por parte do BNG para solicitar a limpeza das beirarrúas na Avda. Aviador Calviño son continuas, a última aínda no pasado mes de novembro, polo que Lucía Santos pide “un mantemento regular das beirarrúas de Mogor, sen ter que esperar a que o acceso se volva intransitábel.”

 

 

 

roslev