|
Carriola. Crónica de la RFGF. 18.05.22
|
||||||
|
As rapazas do Poio Pescamar son as novas RAÍÑAS DE GALICIA. O conxunto poiense proclamouse este martes en Marín campión da Copa Galicia feminina de fútbol sala tras derrotar na quenda de penaltis ao Ourense Envialia tras un encontro vibrante e cheo de alternativas e ocasións para os dous colectivos.O Ourense Envialia foi quende golpear primeiro no minuto 7 grazas a un tanto de Iria Saeta. A xogadora do colectivo ourensán aproveitou un saque de banda para poñer por diante ao seu equipo na gran final da Copa Galicia. O tanto ourensán animou a gran final. O Poio Pescamar foi arriba na procura do empate e o elenco dirixido por Morenín tivo o 0-2 nun lanzamento de Chiky.A recta final da primeira metade foi unha tolemia, posto que no intercambio de golpes puideron chegar varios goles. Malia todo, co 0-1 no electrónico do pavillón da Raña chegouse ao descanso na gran final feminina.Na reanudación, o Poio Pescamar tivo ata tres ocasións nos primeiros sete minutos da segunda metade para igualar a gran final nas botas de Martita. Tamén tivo o 0-2 o Ourense Envialia nun lanzamento de Laura Uña que sacou baixo paus Luci Gómez. Os últimos dez minutos foron trepidantes. O Poio Pescamar buscaba o empate e o Ourense Envialia a sentenza. Quen tivo o premio foi o conxunto poiense a falta de tres minutos para o final grazas ao tanto de Dani Sousa nunha gran acción individual.Co empate 1-1 chegouse ao final do partido. Na prórroga tamén houbo ocasións para os dous finalistas, pero sería a quenda de penaltis a que ditaría sentenza.No momento da verdade, Caridad fíxose grande para dar ao Poio Pescamar a súa terceira Copa Galicia.Ficha técnica:
|
||||||
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.