The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Se buscan familias para o programa social "Convive Conmigo"

Marín procura familias que queiran participar no Programa “Convive Comigo” xestionado pola Asociación Arela e a Xunta de Galicia e procura unidades familiares que queiran convivir con adolescentes que teñan que cumprir unha medida xudicial que consista na convivencia con outra persoa. A concelleira de Benestar Social, Marián Sanmartín, mantivo unha reunión telemática cunha técnica da asociación Arela, co obxectivo de conseguir que o Concello axude, na medida das súas posibilidades, a visibilizar esta necesidade e conseguir así un banco de persoas o familias que abarquen todo o noso territorio. A través deste programa búscanse familias e persoas cunha alta sensibilidade cara a adolescencia que queiran facer unha aposta temporal por un/unha adolescente con dificultades. Un ambiente socializador e positivo permitiralles ás/aos adolescentes a posibilidade de modificar as circunstancias que motivaron a medida xudicial e, polo tanto, que non reincidan nos mesmos feitos, comportamentos e actitudes unha vez regresen a vivir coa súa familia de orixe.

Requisitos

 Os requisitos para forman parte deste programa son: ser maior de idade, dispoñer dunha vivenda adecuada, estabilidade emocional, comprometerse a traballar en equipo, garantir un alto grao de dispoñibilidade, non buscar a satisfacción dun desexo de paternidade... Valorarase tamén positivamente a formación relacionada con ciencias sociais, a experiencia previa en programas de acollemento familiar, ter unha predisposición a ser formadas en diferentes temáticas como adolescencia, formación de carácter xurídico .

Formación grupal

Arela ofrece formación grupal e individual, e asesoramento, con acompañamento de profesionais e un financiamento de 40 euros diarios durante os meses que permaneza o/a adolescente coa familia ou persoa. As persoas que desexen unha maior información ao respcto poden consultar os detalles do programa na Páxina web de Arela (www.arela.org) pódese consultar máis información sobre este programa,