El grupo municipal socialista de Marín propone una importante mejora en la zona de Placeres por donde discurre el paseo que lleva a muchos andarinesw hasdta la pasarela de la autovía. Ese paseo se interrumpe justo a la llegada a Placeres lo que supone una clara inseguridad para los cada vez más usuarios de esa caminata. Desde la portavocia del grupo socialista se entiende que “Actualmente é posible realizar un percorrido que partindo da Praza de España en Marín vaia ata o final da pasarela de madeira ata chegar á altura de fábrica de ENCE. Esta obra terá próximamente continuidade mediante a senda peonil que o Ministerio de Transición Ecológica y Reto Demográfico está executando e que acabará unindo a Marín e Pontevedra. Sen embargo esta unión vese truncada na súa continuidade e na súa seguridade ao chegar á entrada ao Porto de Marín, á altura de Os Praceres. Nese punto os peóns, moitas veces persoas maiores, rapaces en bicicleta, deportistas... vense obrigados a realizar un percorrido cunha enorme falla de accesibilidade e de seguridade viaria.”
Cruzar dos rotondas peligrosas y necesidad de soluciones
“Desde xeito - continúa Manuel Pazos - na actualidade non existe un percorrido habilitado e os peóns acaban cruzando por dúas rotondas e por un túnel para chegar ata O Cabo. Este percorrido realízase cruzando por pasos non habilitados a tal efecto, sen ningunha medida de accesibilidade para persoas con discapacidade, sen anchura suficiente e sen unha mínima seguridade peonil e do tráfico rodado.”
Considera igualmente Pazos que “É imprescindible traballar na procura de alternativas a este tramo tan perigoso, existindo a posibilidade de facer un trazado alternativo, moito máis seguro e que mediante unha senda peonil una o paseo marítimo que transcorre por Estribela co lugar de O Cabo. Para elo débese prolongar o paseo ata a entrada do estaleiro de Praceres mediante un pequeno retranqueo do peche portuario, dando continuidade así ao paseo marítimo sen necesidade de atravesar polas rotondas da estrada que une Marín e Pontevedra.
Una propuesta al próximo Pleno
“Trátase dunha medida que mellorará amplamente a inseguridade actual, conscientes aínda así de que non existe unha alternativa perfecta ao existir neste tramo de 250m unha entrada ao Porto, unha vía de ferrocarril e un estaleiro. É dunha obra imprescindible porque a apertura da senda ata Pontevedra vai a incrementar moito o número de usuarios que deben ser capaces de recórrela en condición de seguridade e por este motivo, os socialistas de Marín presentaremos no pleno unha moción para instar á Autoridade Portuaria a que elabore un proxecto que analice as posibilidades de mellora da seguridade e da continuidade do paseo á altura de Praceres, e dar traslado do acordo aos distintos organismos e institución, entre eles Concello de Pontevedra e o Ministerio de Fomento”