The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Josefa Capa García, nova gañadora do sorteo promocional de Estrela de Marín

Carriola.Informa Estrela de Marín.30.07.22

O sexto sorteo promocional efectuado no seo de la asociaicón comercial “Estrela de Marín” ten xa nova gañadora na persoa de Josefa Capa García que recibirá o premio no establecimento “Mi mamá me mima”

Tralo sorteo efectuado este mediodía na sede social da asociación, con motivo da "Campaña Estrela", a gañadora foi Josefa Capa Garcia. Josefa selou a súa tarxeta nos comercios Mi mamá me mima, Carnicería Leomar e na Administración de lotería Nº1 Tica, polo que disporá de 3 vales compra de 50€ para consumir nestes establecementos.

Oportunidade perdida

Neste caso, Josefa non forma parte do club de fidelización de “Comercio do Morrazo”, polo que non recibirá na súa tarxeta de fidelización 50€ a maiores. Recordamos que formar parte do club de fidelización é gratuito, e polas compras efectuadas, acumúlase unha porcentaxe do importe das vendas.

Entrega do premio

O acto de entrega do premio terá lugar o luns día 1 de Agosto ás 11:00h no comercio Mi mamá me mima e, no transcurso do mesmo, a gañadora recibirá os 150€, en vales compra.

Nesta edición, efectuaremos 10 sorteos polo que en total sortearemos 2.000€ en tarxetas regalo.

Esta campaña conta co financiamento da Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e o seguinte sorteo efectuarase o 31 de Agosto