The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O BNG repartirá nos próximos días a todo o vecindario un novo boletín informativo de análise e propostas

Carriola.Xurxo Agra do Pazo (*).02.08.22

O BNG ven de editar un novo boletín que recolle o nomeamento de Lucía Santos como candidata do BNG á alcaldía nas municipais de 2023, analiza a negativa situación do noso concello tras 11 anos de goberno do PP e enumera as propostas do BNG que permitirían mudar a tendencia.”

O boletín informativo recolle o nomeamento de Lucía Santos como candidata do BNG de Marín á alcaldía nas eleccións municipais que terán lugar en maio do 2023. O BNG está moi satisfeito do traballo realizado pola actual portavoz municipal nestes anos, baseada nunha firme, ao tempo que construtiva, oposición á pobre xestión do PP á fronte do Concello. O seu compromiso co BNG e con Marín está sobradamente desmostrado, e ser concelleira desde 2015 outórgalle unha importante experiencia.

Análise negativa

Neste boletín o BNG fai unha breve análise da negativa situación na que se atopa o noso concello, tras 11 anos de goberno do PP, que se demostra na importante perda de poboación que sofre Marín nun entorno onde os concellos próximos gañan poboación.Para elo, o BNG enumera unha serie de propostas que permitirían mudar a tendencia, como son desenvolver o PXOM, cun modelo urbano definido; apostar con decisión polo comercio local; establecemento de zonas de implantación comercial; elaborar unha programación cultural ao longo de todo o ano; xenerar unha oferta de lecer tanto para a mocidade como para o resto da poboación; atraer turismo todo o ano; e aproveitar os espectaculares recursos naturais, como o Lago de Castiñeiras, e o rico patrimonio natural, etnográfico e arqueolóxico do noso concello.

Campaña “Pensar Marín”

Amais, tamén se destaca a posta en marcha da campaña “Pensar Marín”, coa que o BNG está levando a cabo un proceso de debate colectivo coa sociedade marinense e cos principais axentes sociais co obxetivo de detectar os principais problemas do noso concello e entre todos e todas procurar as necesarias solucións que a situación esixe. No marco desta campaña, que aínda está en marcha, o BNG achegouse até os comercios locais, reuníndose con máis de 200 comerciantes, e mantivo xuntanzas cos equipos directivos e ANPAS dos centros públicos do noso concello.

Necesidade dun revulsivo cun proxecto ilusionante

Xa por último, lémbrase que Marín precisa un revulsivo, un goberno coas ideas claras, cun proxecto definido, con iniciativa e ganas de mellorar a calidade de vida da veciñanza, e capaz de impulsar o dinamismo socio-económico do noso concello. Un proxecto como o que o BNG ten implantado con éxito naqueles concellos como Pontevedra ou Allariz, e tantos outros, que hoxe son referencia a nivel mundial.

Para iso, o BNG está a configurar un proxecto ilusionante e ambicioso, integrando a todas aquelas persoas que lle queren a Marín e están dispostas a facer un concello mellor. Un Marín dinámico, vivo e con futuro, un Marín de todos e todas, en definitiva, o Marín co que todos e todas as marinenses soñamos.

Na última páxina temos unha breve entrevista coa portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, na que afirma que o BNG é a alternativa ao PP e o cambio en Galiza está máis preto.

(*) Xurxo Agra do Pazo é o Responsábel Local do BNG