Carriola.Redacción.03.08.22
Non toda a xente visitante que chega a Marín nestes meses de verán pasan pola oficina de turismo instalada ao lado do portalón da Escola Naval Militar para solicitar informacións polo que se aproveita para cumplimentar a estatística que dea unha imaxe do conxunto de visitantes a este pobo.
E, desde dita dependencia fíxose onte público un detallado informe desa estatística cun resumo final que reproducimos a continuación:
Durante o mes de xullo deste ano 2022, achegáronse ata a Ofificina de Turismo de Marín un total de 612 persoas,sendo o turismo nacional o principal foco emisor cun 91,83%, ocupando o turismo internacional uns datos residuais do 8,17%.
A maior parte dos visitantes que fan consultas na Oficina de Turismo proveñen de Madrid , Galicia (a nosa Comunidade Autónoma aporta principalmente excursionistas), Andalucía e Castela e León.
Un 45,42%dos visitantes teñen entre 35 e 60 anos e viaxan en parellas ou con nenos (é importante destacar o turismo familiar) e o 20,26% do total, que soe ser un perfifil de parellas maiores de 60 anos .
Tanto a nivel xeral como os turista que se aloxan en Marín, elixen maioritariamente os apartamentos turísticos para pernoctar (41,44% en xeral e un 44,75% en Marín)
O 57,39% dos visitantes da Ofificina de Turismo, aloxáronse en Marín, os demais pernoctaron maioritariamente en concellos turís)cos da contorna como Sanxenxo, Pontevedra ou Poio. Os turistas, como media, pasan entre 6 e 8 días ( o 35,95%), u)lizando como principal medio de transporte o coche par)cular (o 91,99%).
Os principais mo)vos para visitar o noso Concello son o disfrutar do ocio e os eventos como as festas do Carmen ou a visita ao Juan Sebastián de Elcano .
Para o 70,26% dos visitantes que se achegaron ata a Oficina de Turismo, era a primeira vez que viñan ao municipio.