Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Os Saljariteiros recuperan a festa de San Caralampio, patrón dos chiquiteiros, o primeiro domingo de setembro

Carriola.Redacción.19.08.22

A desaparición do Xaranga-llo Manga-llo interrrumpeu unha singular festa que se tiña celebrado por moitos anos o primeiros día de setembro. Os “Xarangos” facían así unha incursión no calendario festivo fora do entroido e durante uns anos o Patrón dos Chiquiteiros permaneceu na súa “capela” da Navarra agora tamén pechada pola xubiliación do acólico “Moncho”, téndose trasladada a imaxen do “santo” ao Ateneo Santa Cecilia durante o ano.

Pero antes de pandemia o animoso grupo dos “Saljariteiros” especialistas nos cantos de taberna, decidiron retomar o “culto” a San Caralampio e hay tres anos organizaron a festa cunha homenaxe a os Xarangos na persoa de Manolo “O Norteiro”. Despois interruupiuse todo por mor da maldita pandemia e agora, xa un pouco máis calmada a cousa, retoman a celebración que terá lugar, como é tradicional, o primeiro domingo de setembro na alameda, coa animación propia dos Saljariteiros e tamén con bo viño galego que aportará a este evento grstuito o distribuidor Manolo  Solla, de Seixo para facer bo o día dos chiquiteiros propiamente dito.

Volverase a escoitar de novo o himno de “San Caralampio/ zulú. Zulú / que borrachera / vas coller tú... (e o resto que é un pouco irreverente) e o resto correrà a cargo dos asisentes.

roslev