The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A cultura urbana darase cita de novo nun Marín Atlantic Open telemático

O evento retransmitirase a través do Facebook da entidade organizadora, o Club Deportivo de Pasos-Baile Galicia, esta fin de semana. O sábado será a quenda da modalidade de danza coreográfica e o domingo para o hip hop.

O Marín Atlantic Open, campionato galego de danza coreográfica e de hip hop, volverá congregar o mellor da cultura da danza urbana de Galicia, pero desta vez de xeito telemático. Este evento deportivo e cultural, que leva varios anos celebrándose na vila marinense é clasificatorio para o campionato estatal, puntuando para o ranking nacional da Federación Española de Baile Deportivo e Competición. Nesta ocasión, tivo que adaptarse á nova situación derivada da situación sanitaria e optar por unha modalidade online.

A competición emprazarase para os días 27 e 28 de febreiro, o primeiro día dedicado á danza coreográfica e o segundo para a modalidade de hip hop. A emisión do evento será vía streaming no Facebook do Club de Baile Deportivo de Pasos-Baile Galicia (www.facebook.com/bailegalicia). Ambos días, o inicio da competición será ás 11.00 horas. Hoxe remata o prazo para que os participantes envíen o vídeo da súa coreografía, xunto co formulario que deben cubrir para poder pechar a súa inscrición.

Tal e como explica o concelleiro de Deportes, Antonio Traba, esta proba, organizada polo Club de Baile Deportivo Pasos-Baile Galicia, "é unha cita de referencia xa na comunidade para os amantes e afeccionados a esta disciplina".

Ademais da colaboración do Concello de Marín, o evento conta co apoio de ENCE e da Deputación de Pontevedra.