Carriola. Redacción. 29.10.22
Nestes días pasados reflexamos na Carriola de Marín a opinión e as queixas de Pancho propietario dunha lancha fondeada na Praia do Cementerio tanto esixindo que se respecte o seu suposto dereito de manter alí o barco como queixàndose do trato recibido pola Autoridade Portuaria. Hoxe publicamos outra opinión de xeito contrario que aboga por un sí ás piscinas que se pretenden facer nese espacio portuario.
SÍ AS PISCINAS NA PRAIA DO CEMENTERIO
Veño lendo estes días nesta Carriola de Marín as declaracións do propietario dun barquiño que está fondeado na praia do Cementerio onde había outros moitos, a aínda están algúns, que desapareceron atendendo, polo visto as notificacións da Autoridade Portuaria que, dentro do seu recinto, noutro lugar, amañou un portiño ben dotado de amarres e servicios onde poden estar e operar, desde logo, con moita máis comodidade.
Eu que, que xa teño anos, e vou cada día ao paseo marítimo, alégrome moito das intencións que anuncian desde o Concello no sentido de reconvertir ese rincón nunha piscina de auga salgada que dea a xente do pobo, e a todos aqueles que nos visitan nas vacacións, un servicio que neste momento non temos e na liña do que hay noutros lugares que ofrecen atractivos modernos e funcionáis como pode ser un recuncho onde as familias que non queran ir á praia, o que para algúns parece algo obrigatorio, poidan optar por disfrutar cos seus nenos dunha piscina de auga do mar que supoño sería auga debidamente tratada para evitar as impurezas propias da proximidade dos barcos e ainda da desembocadura do Río que, a decir verdade, xa non é o que era porque, cando eu era neno, recollía toda a merda (con perdón) das casas que chegaba ao seu cauce sen nengún tipo de depuración.
Outra cousa son as formas que a Autoridade Portuaria teña para retirar eses barcos (os poucos que quedan) do fondeadero; aí xa non me meto e, se cadra, lle dou a razón ao propietarios que estes días ven denunciando nesta páxina polo tratamento recibido.
Teño entendido que ese fondeadeiro construiuse alá polos comenzos do pasado século para meter nel as barcas dos mariñeiros da Banda do Río que quedaron sen poder subir Lameiriña arriba pola construcción da Escola Naval. Pero tamén sei que daqueles mariñeiros non queda nin un; que os mortos da praia foron cambiando de uns para outros, dis que con traspasos e vendas dudosamente legáis e, sexa como sexa, ese recuncho xa non ten a función pola que se creou e non me poderán negar que moitos dos que alí teñen ou tiñan embarcacións, ben pouco ou nada facían uso delas e tamén que alí pintaban rascaban e facian de todo o que non se debe facer atendendo a o medioambente.
Sei que hay nostálxicos que prefiren mirar unha ducia de botes flotando no recinto por aquelo da historia pesqueira e respecto a opinión de todos eles. Nembargantes tamén pido o mesmo respecto para a miña opinión favorable ao cambio de utilización dese recuncho que pode favorecer moito ás posibilidades turísticas de Marín e tamén ofrecer un bo servicio de ocio aos nosos veciños.
Pola miña parte, sí ás piscinas.
Moitas gracias pola publicación.