Próximamente serán publicadas as bases dos concursos infantil e adultos
Este ano haberá convocatoria do “Premio Concello de Marín de Narración Curta” co gallo do Día das Letras Galegas, tal como informou a concelleira de cultura Beatriz Rodríguez nun comunicado no que anuncia unha próxima publicación das bases do concurso pero adianta xa que se vai convocar próximamente para que os potenciais escritores teñan tempo dabondo para preparar as súas obras. Será a XVI edición deste certame que se alterna co de poesía co mesmo nome e que fora instaurado hai máis de trinta anos da man do entonces concelleiro Julio Bértolo Ballesteros (q.e.d.).
Beatriz Rodríguez indica que, ainda que non hai unha data para a convocatoria, sí se establece xa que o día 20 de abril terán que estar entregados todos os orixinais das obras, tanto no que se refire a o concurso de carácter escolar, como o de escritores adultos e que, mentras no primerio caso os premios consistirán en lotes de material escolar e unha placa conmemorativa, no caso dos adultos haberá un único premio dotado con mil euros.
Escolares e categorías
Beatriz Rodríguez especifica que “No caso da modalidade de escolares, poderán participar rapaces e rapazas dos centros de ensino do municipio de Marín que cursen Educación Primaria e 1º e 2º da ESO. Os traballos que presenten terán que ser inéditos, de temática libre e realizados en lingua galega, cunha extensión máxima de tres páxinas de tamaño DIN A4, escritos por unha soa cara.
A participación dividirase en catro categorías:
- 1º e 2º de Primaria
- 3º e 4º de Primaria
- 5º e 6º de Primaria
- 1º e 2º da ESO
Tres obras por categoría e centro
O xurado, que estará composto polos bibliotecarios do Morrazo xunto coa escritora Fátima Álvarez González, verá facilitado o seu traballo xa que, cada centro educativo poderá presentar, como máximo, tres obras por categoría. Deberá aparecer en cada un o título e a categoría que levarán, sen o nome do autor/a. A dirección de cada centro subirá todos os traballos que opten ao premio á páxina web do Concello, a través dun formulario que se habilitará e que permitirá facer constar os datos do alumnado e un adxunto de documentación, deste xeito, o Concello poderá coñecer a autoría dos traballos pero o xurado recibirá únicamente o manuscrito sen autoría.
Modalidade de adultos
No caso dos adultos, tamén será preciso que os textos sexan orixinais, inéditos e en lingua galega. A extensión estará limitada a entre cinco e dez páxinas, tamaño DIN A4, mecanografas a dobre espazo por unha soa cara. O tipo de letra a utilizar será a "Roman" ou "Times New Roman", a 12 puntos de tamaño.
A temática será libre e cada participante terá que subir o seu traballo á páxina web do Concello, onde tamén se habilitará un formulario (diferente ao dos escolares), no que se farán constar os datos persoais, que lle servirán ao Concello para asociar os manuscritos ao seu autor, pero o xurado só recibirá o orixinal sen identificación do autor.
O xurado será o mesmo que o da modalidade escolar e haberá un único premio de 1.000 euros.