Carriola.Informa Concello.16.11.22
O Concello de Marín convoca o III Concurso de Decoración de Nadal para establecementos, vivendas e comunidades de veciños As bases xa se poden consultar na web do Concello e haberá de prazo ata o día 10 de decembro para inscribirse. En total, repartiranse 2.400 euros en premios para os gañadores.
O Nadal está á volta da esquina e desde o Concello de Marín organízase toda a programación típica destas datas, que enchen de cor, luz e ilusión as nosas rúas. Parte da responsabilidade de crear esa atmosfera é a decoración de Nadal, para a que, de novo, o Concello quere contar coa colaboración cidadá.
Así, convocarase por terceiro ano o Concurso de Decoración do Nadal, co obxecto de fomentar a participación cidadá no embelecemento e ornamentación da vila, facendo cómplices a comerciantes, hostalería e veciñanza da imaxe de Marín.
Promover a creatividade popular
Mediante este concurso preténdese promover a creatividade durante o Nadal, fomentando o aspecto artístico e o carácter tradicional desta festividade. A decoración deberá estar exposta dende o 10 de decembro de 2022 ata o día 6 de xaneiro de 2023 e será feita con adornos típicos do Nadal. Ademais, é imprescindible que sexa totalmente visible dende a vía pública.
Non se poderá participar nas tres categorías de forma simultánea. Poderán participar no concurso vivendas, comunidades de propietarios de edificios, hostalería, comercios e/ou negocios que estean ubicados no termo municipal de Marín. Para iso, será preciso encher a solicitude que se atopa ao finaldas bases, presentándoa ou ben por sede electrónica ou ben no Rexistro municipal. O prazo para inscribirse remata o 10 de decembro de 2022 (incluido).
Os Tres Monos gañaron no apartado de Hostalería
No caso dos comercios e/ou negocios e á hostalaría, valorarase en conxunto o mellor escaparate e exterior do establecemento, co ambiente propio das festas, utilizando elementos tradicionalmente de Nadal, iluminación da instalación e composición. Os obxectos de venda que se atopen nos escaparates poderán ser cambiados durante este periodo, sempre que non se modifique a decoración do escaparate.
Con respecto ás comunidades de veciños e ás vivendas unifamiliares, os criterios de valoración serán os mesmos pero tendo sempre en conta a esixencia de que as decoracións coas que se participan sexan totalmente visibles dende a vía pública.
En todos os casos, terase en conta que a parte lumínica sexa de tecnoloxía LED, co
fin de incentivar o aforro enerxético.
Premios
Establécense os seguintes premios por categoría e modalidade:
A.- COMERCIO
1º PREMIO: 300€.
2º PREMIO: 200€.
Sorteo entre tódolos participantes, excepto os gañadores, nesta modalidade por valor de 100€.
B.- HOSTALERÍA
1º PREMIO: 300€.
2º PREMIO: 200€.
Sorteo entre tódolos participantes, excepto os gañadores, nesta modalidade por valor de 100€.
C- VIVENDA
3.1.- COMUNIDADE DE VECIÑOS DE EDIFICIO.
1º PREMIO: 300€.2º PREMIO: 200€.
Sorteo entre tódolos participantes, excepto os gañadores, nesta modalidade por valor de 100€.
D.- VIVENDA UNIFAMILIAR
1º PREMIO: 300€.
2º PREMIO: 200€.
Sorteo entre tódolos participantes, excepto os gañadores, nesta modalidade por valor de 100€.
O fallo do xurado darase a coñecer o 26 de decembro e notificaranse os premiados a través da web municipal, as redes sociais e o taboleiro de anuncios