The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Colectivo Monte Pituco dedícalle ao filólogo Elixio Rivas as VI Xornadas de Patrimonio de San Xián

Carriola.Informa M.Pituco.19.11.22
Na semana na que vén de celebrarse o Día Mundial do Patrimonio, o Colectivo Monte Pituco (Pornedo) anuncia as VI Xornadas "Xan Montenegro" de protección e posta en valor do patrimonio de San Xián, que se celebrarán os días 23 e 26 de novembro. "Elixio Rivas, raizame das palabras" é o lema do programa de actividades, nas que se vai homenaxear o autor -falecido o pasado mes de setembro aos 97 anos- da obra "Toponimia de Marín.

O profesor Héctor Silveiro, coordinador do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do Colexio San Narciso e membro correspondente da Real Academia Galega, participará o vindeiro mércores 23 ás 19:30 horas, na Biblioteca Municipal de Marín, nunha charla na que vai lembrar a figura e o legado de Elixio Rivas, que lle dedicou á toponimia marinense a súa tese de licenciatura en Filoloxía Románica, ampliada e presentada en 1978 como tese de doutoramento. Dous tomos de considerable volume recollen o seu labor inxente, do que en 1982 a Universidade de Santiago publicou un pequeno resume de 409 páxinas en formato libro, como anexo da revista Verba.

Hector Silveiro presentando uno dos seus libros

En xaneiro de 2016 Elixio Rivas -que durante 21 anos fora profesor e secretario do Colexio San Narciso- recibiu unha homenaxe no Museo Manuel Torres na que o lingüista e etnógrafo protagonizou a doazón ao Concello de Marín dos dous tomos da súa tese, co compromiso de que a Administración local custodiaría, dixitalizaría e publicaría o documento nun formato accesible á veciñanza.

 O profesor Héctor Silveiro foi, xunto co Ateneo Santa Cecilia, o promotor da proposta de recuperación da "Toponimia de Marín" para poñela á disposición da cidadanía e dos investigadores. Como lembrou daquela, o traballo de Elixio Rivas -que dende 1978 pertencera á Comisión de Toponimia de Galicia, unha sección do Consello da Cultura Galega- foi pioneiro e contribuíu a que posteriores iniciativas nesa materia o tiveran como modelo.

Andaina e memorial Xan Montenegro

A segunda parte das VI Xornadas de protección e posta en valor do patrimonio de San Xián celebrarase o sábado día 26. A partir das 10:00 horas comezará unha ruta de sendeirismo pola parroquia de San Xián -con saída e chegada no adro da igrexa- para dar a coñecer o patrimonio natural e etnográfico desta contorna do rural marinense, con especial atención á toponimia, tendo o libro de Elixio Rivas como obra de consulta no que atinxe á orixe e á motivación dos nomes dos lugares visitados.

 Imaxen de Xan Montenegro nun anterior homenaxe póstumo

A programación rematará co Memorial Xan Montenegro, dende as 17:00 horas no Carballal. A figura de quen fora activista cultural e presidente da Asociación de Veciñas e Veciños de San Xián dálle nome a estas xornadas dende a pasada edición como recoñecemento á súa contribución na mellora da parroquia. Familiares e amigos de Xan Montenegro veñen impulsando esta homenaxe cívica dende o seu pasamento, en xuño de 2011.