The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Marín C.F. pon en marcha un canal de información nas máns das xóvenes Noa e Lucía que hoxe nos fan un resumo da traxectoria do equipo na nova tempada

Carriola.Noa e Lucía -Marín C.F..23.11.22

Abrimos hoxe en Carriola de Marín unha nova páxina do ámbito deportivo porque dúas rapazas do organigrama do histórico Marin CF fanse cargo da comunicación de todo o que pase no clube e no equipo. Noa e Lucía teñen nesta nosa publicación diaria todo a súa disposición o que enriquecerá, sen dúbida, o contido popular de Carriola e tamén o coñecemento, por parte dos afeccionados do que pasa no noso máis antigo club deportivo na vila. ¡Benvidas!

 Hoxe, para empezar, botamos unha ollada atrás a estes 7 partidos xa disputados polo Marín Club de Fútbol, encontros nos que os nosos rapaces están a demostrar as ganas que teñen de loitar cada domingo no terreo de xogo.

Tivemos un comezo de tempada complicado fora da casa enfrontándonos contra os nosos compañeiros do “EF Cobres” e o “FC Cruceiro”, cuns resultados de 2-3 e 0-1 respectivamente. Aínda así, presumimos orgullosos das nosas victorias na casa contra o “SCD Poio”, o “Rápido Bahía” e o “Barro CF”, nos que o Marín acadou os cinco goles en cada encontro.

 

Tamén disputamos un gran partido contra o equipo co que loitábamos polo primeiro posto, o “Domaio FC”, logrando un resultado de 0-4.

Este último domingo abandonamos o campo do “Caldas CF-B", levándonos unha xornada máis tres puntos para casa.

Agradecementos

Ademáis do esforzo do equipo, queremos agradecer o gran apoio e compromiso da afición, non só nos partidos no Estadio de San Pedro, senón a gran representación que supoñen os socios do Marín nas gradas contrarias, que axudan ao noso clube a seguir mellorando día a día e aos nosos xogadores a sentirse na casa estando fora dela. Grazas a vós, a nosa afición, podemos decir con orgullo ¡¡¡halaMarin!!!.