Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Lamentamos a negativa do PP para valorar alternativas á construcción do aparcadoiro no parque Eguren

Carriola.Lucía Santo Omil (*).27.11.22

No Pleno da Corporación municipal celebrado o pasado xoves 24 de novembro debatiuse o estudo de viabilidade socioeconómica do aparcadoiro soterrado no parque Eguren proposto polo PP.O BNG lamenta a actitude soberbia e arrogante do concelleiro do PP Manuel Santos no debate, e o desprezo co que despachou a proposta que o BNG puxo enriba da mesa para estudar a viabilidade de levar a cabo a construción dun aparcadoiro na parcela situada na rúa Dichosa, ao carón da rúa Tiro Naval Janer e nas inmediacións do pavillón da Escola Naval Militar.

Lucía Santos, Portavoz do BNG na Corporación de Marín

Afirmo que o BNG presenta unha proposta seria e meditada, tras analizar a PXOM e consultar cun profesional de recoñecido prestixio, polo que non podemos aceptar que se descalifique como “improvisación” ou “ocorrencia”. Curiosamente empregando termos polos que se ven caracterizando a política do PP en moitos ámbitos da xestión municipal, mais moi especialmente no tema do aparcamento.

Levamos meses amosando o noso rexeitamento a este emprazamento non por capricho ou por levar a contraria, senón por razóns de sobra xustificadas. Un aparcadoiro no centro provocará un aumento monumental do tráfico no centro da vila, principalmente nas rúas Concepción Arenal, A Estrada, Ezequiel Massoni e Jaime Janer, nunha zona na que existen catro centros escolares, unha residencia de maiores, un centro de día e unha zona de xogos.

En lugar de apostar pola mobilidade sostíbel, creando espazos que faciliten a mobilidade urbana a pé ou en bicicleta, a aposta do PP pasa por levar os coches ao centro da vila, hipotecando o desenvolvemento futuro do casco urbano.

Non podemos esquecer os grandísimos inconvenientes que unha obra destas características vai provocar no centro da vila durante os anos de construción; que o proxecto presentado polo goberno de María Ramallo ofrece un número de prazas bastante limitado, 218, que non cubre nin tan sequera as prazas que se eliminaron pola obra do futuro centro cultural; e cun custe económico absolutamente desproporcionado.

Lucía Santos defiende que a parcela que propón o BNG está cerca de todo

A parcela conta cunha superficie de 5.139 metros cadrados e, dada a orografía do lugar, podería construirse un aparcadoiro de plantas en superficie, cun colosal abaratamento dos custes, mais tamén soterrado no seu caso, aproveitando as diferentes cotas do terreo e deixando a cuberta para dotación dun espazo de uso público.É unha parcela  situada nun lugar estratéxico para expandir e desenrolar o núcleo urbano da vila, ademais de estar situado nun punto cercano a diferentes lugares de interese como o vial de praias, a praza de abastos ou a alameda. Atópase a 5 minutos camiñando da alameda e a 7 minutos da praza 8 de marzo.”

O BNG aceptaría que, tras a realización do estudo que solicitamos, un informe técnico determine a inviabilidade da proposta. O que non podemos aceptar que un goberno se negue a valorar a proposta, despreciándoa e empeñándose nun proxecto a todas luces negativo para o noso concello.

(*) Lucía Santos Omil é a Portavoz municipal do BNG de Marín

 

roslev