Carriola.Redacción.27.11.22
A diretiva do Ateneo Santa Cecilia, primeira entidade cultural marinense que se fundou no ano 1952 co nome de “Asociación de Cultura y Arte Santa Cecilia” preparou unha interesante exposición que recolle os setenta anos de historia na que se poderán ver imaxes e documentos que ata poden resultas curiosos para os visitntes pola diferencia entre o que foi e o que é a entidade e incluso Marín.
Ás doce do mediodía está prevista a apertura da mostra e todos os veciños quedan invitados a presenciala desde hoxe ata o próximo día 10 de decembro nas horas de apertura do “Torres”.