The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Lurdes Meis e María Fortes inauguran hoxe no Ateneo a súa exposición Mar e Pedra

Carriola.Redacción.29.11.22 

A sala de exposicións do Ateneo Santa Cecilia recibe a obra das artistas Lurdes Meis e María Fortes Blanco baixo o título de marEpedra, mostra que se poderá visitar desde hoxe ás 20 horas, momento do acto inaugural da mesma. Ata o  16 de decembro próximo no local social da propia entidade.  

Dende o propio Ateneo indicase “marEpedra: A Galiza fascinante que encerra diversidade na súa paisaxe. Paisaxes de mar e monte de unha policromía inesgotable que non permiten que os sentidos se acomoden nin se adormenten. Paisaxes coa obriga de preservar e defender”

Charla de Manuel Villanueva

Manuel Villanueva “Cachi” desplazarase a Marín o próximo día dous, venres, para participar na última páxina de la rcelebación deste setenta aniversario de “Santa Cecilia” pronunciando unha charla na que recollerá aspectos históricos e curiosos da entidade. Será no salón de actos do Museo a partir de las oito de la tarde con entrada libre.