Carriola.Manuel Pazos Lamoso (*).06.12.22
As contas do Eguren seguen sen cuadrar. O beneficio esperado nos 40 anos de concesión do aparcamento que plantexa María Ramallo será de máis de 15 millóns de euros, é dicir, o triple do que custa facer a obra. Sen dúbida un bo negocio para a empresa pero un mal negocio para Marín e para os marinenses, que serán quenes o paguen.”
O expediente de licitación do aparcamento do Eguren está conformado principalmente por tres documentos; anteproxecto, estudio de demanda e estudio económico-financieiro. Neles se dan as cifras e as claves da concesión do aparcamento, e están moi lonxe de cadrar.
Os gastos de construcción do aparcamento se estiman no anteproxecto en 5,4 millóns de euros, e o gasto de funcionamento nos primeiros vinte anos, que inclúe persoal, limpeza, vixiancia... en 3,6 millóns de euros. En resumo, 9 millóns de euros en gastos nas primeiras dúas décadas de vida do aparcamento.
Os ingresos esperados nese mesmo periodo é de 14,4 millóns de euros, se ben polas contas do grupo socialista aínda serían máis, concretamente de 17,8 millóns.
Por tanto, nos primeiros vinta anos o beneficio esperado supera os cinco millóns de euros. Tanto como custa o aparcamento.
Sen embargo o PP considera necesario facer unha concesión por 40 anos. E nese prazo, o beneficio superará os 15 millóns de euros, o triple do que costará o aparcamento.
Por eso dende o PSOE lle pedimos a María Ramallo que recapacite sobre esta operación tan perxudicial para os intereses xerais dos marinenses. Un aparcamento pequeno, coa entrada e a saída fronte ao colexio das monxas que creará grandes dificultades ao tráfico rodado e peonil e cunhas contas económicas que non cadran.

Nota: imaxe do cadro de beneficios do Estudio de Demanda encargado polo Concello.
(*) Manuel Pazos Lamoso é o portavoz do PSOE na Corporación Municipal de Marín