Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O día diez, sábado, remata o prazo de inscripcións para participar no “III Concurso de Decoración de Nadal” convocado polo concello

Carriola.Informa Concello de Marín.08.12.22

Últimos días de prazo para anotarse no III Concurso de Decoración de Nadal As bases están dispoñibles na web do Concello, concellodemarin.es/nadalmarin. En total, repartiranse 2.400 euros en premios para os gañadores.

 O próximo 10 de decembro remata o prazo para participar no III Concurso de Decoración do Nadal, co que se pretende promover a creatividade durante o Nadal, fomentando o aspecto artístico e o carácter tradicional desta festividade.

A decoración deberá estar exposta dende ese mesmo día e ata o día 6 de xaneiro de 2023 e será feita con adornos típicos do Nadal. Ademais, é imprescindible que sexa totalmente visible dende a vía pública. Non se poderá participar nas tres categorías de forma simultánea. Poderán participar no concurso vivendas, comunidades de propietarios de edificios, hostalería, comercios e/ou negocios que estean ubicados no termo municipal de Marín. Para iso, será preciso encher a solicitude que se atopa ao final das bases, presentándoa ou ben por sede electrónica ou ben no Rexistro municipal. O prazo para inscribirse remata o 10 de decembro de 2022 (incluido).

Comercios e hostalaría

No caso dos comercios e/ou negocios e á hostalaría, valorarase en conxunto o mellor escaparate e exterior do establecemento, co ambiente propio das festas, utilizando elementos tradicionalmente de Nadal, iluminación da instalación e composición. Os obxectos de venda que se atopen nos escaparates poderán ser cambiados durante este periodo, sempre que non se modifique a decoración do escaparate.

 Vivendas: unifamiliares e comunidades

Con respecto ás comunidades de veciños e ás vivendas unifamiliares, os criterios de valoración serán os mesmos pero tendo sempre en conta a esixencia de que as decoracións coas que se participan sexan totalmente visibles dende a vía pública. En todos os casos, terase en conta que a parte lumínica sexa de tecnoloxía LED, co fin de incentivar o aforro enerxético.

 

Premios

Establécense os seguintes premios por categoría e modalidade:

A).- COMERCIO; 1º Premio: 300€. 2º- 200€. Sorteo entre tódolos participantes, excepto os gañadores, nesta modalidade por valor de 100€.

B)- HOSTALERÍA: 1º premio: 300€. 2º, 200€. Sorteo entre tódolos participantes, excepto os gañadores, nesta modalidade por valor de 100€.

C)- VIVENDA COMUNIDADE DE VECIÑOS DE EDIFICIO. 1º pemio 300€. 2º, 200€. Sorteo entre tódolos participantes, excepto os gañadores, nesta modalidade por valor de 100€.

4º- VIVENDA UNIFAMILIAR; 1º premio, 300€. 2º: 200€. Sorteo entre tódolos participantes, excepto os gañadores, nesta modalidade por valor de 100€.

 

O fallo do xurado darase a coñecer o 26 de decembro e notificaranse os premiados a través da web municipal, as redes sociais e o taboleiro de anuncios.

roslev