The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Desde o BNG pedimos maior seriedade e rigor ao PP en materia de aparcamento

Carriola.Lucía Santos Omil (*).10.12.22

Hai uns días o Sr. Manuel Santos, portavoz municipal do PP, criticaba a proposta do BNG de estudar a viabilidade da construción dun aparcadoiro na rúa Dichosa e afirmaba que o BNG está en contra de todo o referido á política do goberno local en materia de aparcamento.

O goberno do PP ven caracterizándose pola improvisación e as ocorrencias en numerosos ámbitos da xestión municipal, e unha das áreas onde se pode comprobar con absoluta claridade é en materia de aparcamento, polo que o BNG non pode avalar esta negativa xestión que amosa a falta de planificación deste goberno.

O BNG leva meses amosando o seu rexeitamento ao emprazamento do aparcadoiro soterrado no parque Eguren porque, un aparcadoiro neste lugar provocará un aumento monumental do tráfico no centro da vila, principalmente nas rúas Concepción Arenal, A Estrada, Ezequiel Massoni e Jaime Janer, nunha zona na que existen catro centros escolares, unha residencia de maiores, un centro de día e unha zona de xogos.

En lugar de apostar pola mobilidade sostíbel, creando espazos que faciliten a mobilidade urbana a pé ou en bicicleta, a aposta do PP pasa por levar os coches ao centro da vila, hipotecando o desenvolvemento futuro do casco urbano.

Non podemos esquecer os grandísimos inconvenientes que provocará no centro da vila durante os anos de construción, o limitado número de prazas, e o custe económico absolutamente desproporcionado da proposta do PP.

O BNG propón unha nova ubicación no único espazo do centro da vila recollido no PXOM como futuro uso dotacional, onde podería construirse un aparcadoiro de plantas en superficie, cun colosal abaratamento dos custes, mais tamén soterrado no seu caso, aproveitando as diferentes cotas do terreo e deixando a cuberta para dotación dun espazo de uso público.

(*) Lucía Santos Omil é aportavoz do BNG no Concello de Marin