Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O CEIP de A Laxe ofrece aos seus alumnos aprendizaxes significativas na procura de que desenrolen con éxito os seus talentos

Carriola.Redacción.10.12.22

Este curso foron beneficiarios do programa Digitalweek, un programa de inmersión lingüística que lle permite mellorar as súas destrezas de comprensión e expresión oral en lingua inglesa. Así mesmo, conta con actividades e accións formativas non só académicas senón de fomento da actividade física, a socialización, o coñecemento cultural e tecnolóxico do contexto galego cunha metodoloxía adecuada á 6ºEP.

 En xuño, programa Springweek

Este mesmo alumnado no mes de xuño poderá desfrutar do programa Springweek promovendo así a práctica oral do alumnado en lingua inglesa co apoio de profesorado nativo e co obxectivo de fomentar a convivencia. O centro é dende o presente curso plurilingüe e plurinfantil co fin de impulsar a lingua inglesa.

A radio está presente no traballo escolar na Laxe

Metodoloxía activa

A Laxe persegue liñas metodolóxicas activas que son postas en marcha coa súa impresionante biblioteca, a radio escolar, o programa de biblioteca creativa, os contratos-programa, Digicraft, PROA+, Voz Natura, Club de ciencia, Erasmus+… e un dos máis recentes foi Polos creativos, unha gran aposta na que están a traballar para poñelo ao servicio da comunidade educativa.

Promover hábitos saudables

Con todo isto promoven os hábitos saudables, en educación primaria a través do calendario de merendas de froita diaria e do actívate, levando a cabo quince minutos diarios de exercicio físico a maiores das clases correspondentes. En educación infantil todos os días realizan unha sesión de trinta e cinco minutos de psicomotricidade, saben os beneficios dunha vida activa e o poñen en marcha ofrecendo ao alumnado unha vida sá e un coñecemento actual co fin de desenvolver ao máximo o seu potencial.

Un profesorado implicado e motivado

O profesorado que traballa neste centro, síntese e demostra estar estár implicado e motivado, en continua formación para poder levar todos estes recursos e programas ás aulas, ou mellor dito, as aulas a todos estes espazos creados para a mellora das capacidades do alumnado.

En suma , o CEIP de A Laxe atópase na liña de ofrecer aos seus alumnos actuais e futuros o compromiso do mellor sistema de traballo  que os faga crecer axeitadamente nos niveis que por idade lles corresponde como lanzadeiras para futuras etapas da súa vida educativa

roslev