Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O venres próximo péchase o prazo de presentación de candidaturas aos premios ao deporte que serán entregados na gala do día 20 de xaneiro no salón de Plenos

Carriola.Redacción.12.12.22

O día 20  de xaneiro será a data de recuperación dun acto especialmente significativo para o deporte local porque no Salón de Plenos do Concelo hanse entregar os premios a deportistas, adestradores e institucións que a xuizo do xurado establecido o merezan polo seu labor desde a última gala celebrada antes da pandemia.

E atópase aberto o prazo de presnetación de candidaturas que poden ser presentdas por asosicacións, institucións ou persoas que queiran destacar or mèritosw individuais ou colectivos do noso deporte local, prazo que se pecharà o próximo venres día 16 nesta misna semana.

Segundo indicaban hai uns días desde o Concello, Marín volverá honrar aos grandes nomes do deporte local coa celebración dunha nova edición da Gala do Deporte, o próximo 20 de xaneiro no Salón de Plenos, evento que se fai co obxectivo de resaltar e valorar o labor deportivo das nosas persoas, organismos, institucións públicas e entidades privadas que dalgún xeito contribuiron de forma notoria a engrandecer e ampliar a práctica deportiva da nosa localidade. 

Dez categorías de premios

Son dez en total os premios que se darán na referida gala destinados a: 

* Mellor deportista masculino/feminina,

* Mellor deportista de base masculiina/feminina,

* Premio á inclusividade,

* Premio ao mellor deportista veterano/a, premio ao mellor adestrador/a ou técnico/a,

* Premio ao mellor club ou entidade deportiva,

* Premio ao patrocinio e colaboración co deporte, e

* Premio ao mellor evento do ano.

Presentación de candidaturas

Lembran, por otra banda que As candidaturas poden ser presentadas por calquera entidade deportiva local, clube ou asociación, así como a proposta do xurado, a través do Rexistro municipal ou enviándoo ao mail deportes.juventud@concellodemarin.com. 

Asimesmo indican desde a concellería de deportes que O xurado estará conformado pola alcaldesa, María Ramallo, ou o concelleiro en quen ela delegue, un/ha funcionario/a municipal, xornalistas deportivos dos medios de comunicación locais e xornalistas que foron xurado en convocatorias pasadas. Reuniranse o 21 de decembro para publicar a resolución o 22

 

roslev