Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O BNG pide ao Goberno local a elaboración dun catálogo dos hórreos exisentes en el termo municipal

Carriola.Lucía Santos Omil (*).20.01.23

Coa elaboración do Catálogo de Hórreos do concello, as licenzas de obra nos núcleos de vivenda no rural afectadas pola existencia dalgún hórreo serían xestionadas directamente dende o concello e non dende a Dirección Xeral de Patrimonio como está acontecendo na actualidade, con todos os inconvenientes e demoras que isto supón.E coa necesaria actualización do PXOM, para acomodalo á lexislación galega aprobada con posterioridade á entrada en vigor do Plan Xeral, a franxa de protección de cada hórreo reduciríase de 50 a 30 metros. Todo isto facilitaría a construción de nova vivenda nos núcleos do rural.”

Como ben sabemos, o PXOM de Marín foi aprobado no 2012, tras 19 anos de traballo para a súa elaboración, mais durante os 11 anos transcurridos, o goberno municipal do PP amosou claramente a súa incompetencia para levar a cabo o seu desenrolo, entre outras cousas, pola falta de plans específicos que resultan obrigatorios para a súa aplicación.

A inacción do goberno local do PP ante un tema de tal importancia para o desenvolvemento da nosa vila está acarreando graves consecuencias para Marín, como a nula construción de nova vivenda na última década ou a ininterrumpida e alarmante perda de poboación durante os últimos doce anos.

O goberno de María Ramallo aínda ten pendente a elaboración do Plan Especial de Protección para os Cascos Antigos, preceptivo tras a aprobación do PXOM e solicitado, ante a inacción do goberno popular, polo BNG no ano 2018 nunha moción aprobada por unanimidade.

O BNG voltou manifestar no pasado mes de novembro que a falta deste plan afecta negativamente a boa parte do núcleo da vila e a zona de Cantodarea, xa que para calquera tipo de obra é necesaria a autorización da Dirección Xeral de Patrimonio, o que está provocando longas esperas para poder realizar a máis mínima obra nun inmoble.

Resulta necesaria a elaboración do Catálogo de Hórreos do concello, o que faría que as licenzas de obra nos núcleos de vivenda no rural afectadas pola existencia dalgún hórreo, feito moi habitual nestes núcleos, sexan xestionadas directamente dende o concello e non dende a Dirección Xeral de Patrimonio como está acontecendo na actualidade, con todos os inconvenientes e demoras que isto supón.

 Lucía Santos

É por isto, que o BNG ven de presentar unha moción na que solicita ao goberno municipal o desenrolo do Catálogo de Hórreos do concello de Marín para facilitar a construción de nova vivenda nos núcleos do rural.

Mentres se leve a cabo a redación deste catálogo, instamos ao goberno local a levar a cabo a necesaria revisión do PXOM para adaptar a normativa á lei 2/2016 do solo de Galiza, da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, que, entre outras cousas, reduce o espazo de afección de cada hórreo de 50 a 30 metros de franxa de protección. Cómpre actualizar o PXOM ás novas leis aprobadas con posterioridade a súa entrada en vigor.

S pasividade manifesta do PP nestes doce anos de goberno levou ao noso concello a encabezar os concellos de máis de 20.000 habitantes con perda de poboación, cunhas cifras a todas luces alarmantes (Marín perdeu 1.963 habitantes nestes 12 anos, un 7,55% da poboación), nun contexto no que a práctica totalidade dos concellos da contorna gañan poboación.”

Marín precisa un proxecto de futuro, cun modelo urbano definido e moderno, e para isto é preciso o desenrolo do PXOM para facilitar a rehabilitación de inmobles, a construción de nova vivenda e a expansión do núcleo urbano de Marín.

(*) Lucía Santos Omil é a concelleira do BNG na Corporación Municipal de Marín

roslev