Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Hoxe estarán no Museo Torres Miguel Ángel Prieto e Oscar Conde que falarán sobre o Entroido de Verín e dos famosos cigarróns

Carriola.Ateneo.09.02.23

O Entroido xa está aquíe hoxe xoves, ás 20:00 horas no Museo Manuel Torres daremos a saída ao Entroido en Marín, E para falarnos do Entroido "O meu sentimento" vaino facer "Chitin" de Verín. Miguel Ángel Prieto Sotelo, un personaxe que vive, que leva ese entroideiro dentro desde o berce. Foi pregoeiro do Entroido de Verín o ano 2020 vestido de toureiro, e a que non sabedes como estaba "la plaza"? varios miles de personas escoitando e disfrutando dun pregón cheo de sentimento, de paixon, de maxia que fixo vibrar aos seus paisanos e a todos cantos aquel día antes da pandemia ateigaban a praza.

Eso é o que Miguel "Chitin" vai trasladar aos/as marinenses e de seguro que a moitos/as paisanos/as seús que se van achegar este xoves ao Museo Manuel Torres. O seu sentimento de entroideiro, eso dificil de explicar, que só os/as que o viviron desde nenos/as poden facelo. Eses nenos e esas nenas que agardaban na rúa as portas das casas a que saise un cigarrón desbocado rúa abaixo para cumprir a profecía, facendo soar as chocas e a vara coa que se defende ou golpea a aqueles que non están disfrazados.

Teremos a compaña dun Cigarrón de Verín, Oscar Conde Pérez (O Bicho) que nos amosará un traxe de Cigarrón explicando cada unha das pezas que conforman este traxe tradicional do Entroido e a súa carauta representativa.Entroido, Alma, corazón e vida, ese Entroido ceibe e a trevido é tamén un pouco irreverente o que esta tardiña se porá en marcha en Marín.

Agardamosvos a todos e todas ate encher o Museo Manuel Torres de Marín desexándovos disfrutedes como nunca deste Entroido tan desexado despois de dous anos de sequia.

 

roslev