Carriola.Ateneo Santa Cecilia.09.02.23.
Como é tradicional por estas datas, o Ateneo Santa Cecilia en colaboración co Concello de Marín, organiza o CONCURSO DE ORELLAS E FILLOAS 2023, que está rexido polas seguintes BASES:
- A celebración do concurso terá lugar o día 21 de febreiro, martes de Entroido, no local social do Ateneo Santa Cecilia (Rúa do Forno, 42- Baixo).
- Poderán presentarse aos devanditos concursos todas aquelas persoas físicas ou xurídicas que demostren non ter incorrido en faltas disciplinarias ó longo destes últimos cen anos dehonradez e non estar coligados en charangas populares.
- A cantidade mínima para que o Xurado poida deliberar será de trece unidades (13 Ud.), xa sexan orellas ou filloas, que serán presentadas no Ateneo, entre as 18:00 e as 19:00 horas do mesmo martes 21 de febreiro.
- As devanditas filloas ou orellas, deberán presentarse acompañadas dun sobre pechado que conteña o nome do/a participante, o seu enderezo e o número de teléfono.
- A preparación das filloas e orellas poderá facerse segundo o criterio das/os participantes, pero presentándose sempre na súa forma tradicional. Exemplo: as orellas terán forma deorella, e as filloas con forma de filloa.
O xurado do concurso no ano 2009 disponse a entregar os premios aos gañadores
6. As lambonadas presentadas ó concurso quedarán en propiedade da entidade organizadora,que se reserva o dereito de distribuílas entre o público asistente trala deliberación.
- O Xurado estará composto por persoas designadas pola Xunta Directiva do Ateneo Santa Cecilia.
- O fallo do Xurado, que será xusto e inapelable, darase a coñecer o mesmo día do concurso, a partires das 20:00 horas.
- A participación neste concurso presupón a aceptación das presentes bases