Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O colexio de Placeres recibe a Esther Estévez e Carlos Amado da TVG que visitaron o centro finalista no concurso Dígocho Eu!

Carriola.Redacción.17.02.23

Se os alumnos e alumnas do colexio de Placeres estaban satisfeitos por ter conseguido clasificarse como finalistas nun concurso escolar da TVG, onte foi un día especial porque recibiron a visita da presentadora e do director de dito programa no centro

Este xoves, o colexio Sagrado Corazón de Placeres recibiu unha visita moi especial xa que estiveron acompañados por Esther Estévez e Carlos Amado, do programa Dígocho eu!, da TVG., os ous presentadores moi famosos polo éxito que está a ter o seu programa.

O motivo da visita é que o centro é un dos 7 finalistas no concurso de guións do programa na categoría de Educación Primaria, e nesta visita fíxose a gravación de dito guión entre o alumnado e Esther Estévez. 

Ademais o alumnado puido saudar a ambos presentadores, quitarse fotos con eles e compartir un coloquio no salón de actos o que lle fixo unha gran ilusión aos rapaces e rapazas que disfrutaron especialmente da xornada.

 

roslev