Carriola.Redacción.17.02.23
Cen composteiros eràn desta vez os que reparta gratuitamente o concello de Marín entre aquelas persoas que se inscriban solicitando un deles no email da alcaldía. Nesta ocasión o reparto farase na Casa de Cultura de Santa maría do Campo
Todos os que queiran recibir un composteiro de tipo individual para poñer na súa propiedade poderàn contar con el sempre que fagan a reserva antes do día un de marzo escribindo un email a alcaldia@concellodemarin.es
Marián Sanmartín explicou onte que “A compostaxe individual está a ser unha iniciativa medio ambiental con moi boa resposta na nosa vila. Por iso o Concello volverá repartir un novo lote de 100 novos composteiros entre a veciñanza da man de Sogama”.
Esta vez o reparto serà no Campo
Segundo informou a concelleira de Medio Ambiente, “O reparto destes elementos será o 1 de marzo ás 19.00 horas na Casa de Cultura do Campo e, ademais dos compoteiros, repartiranse uns pequenos cubos domésticos para poder ter na cociña e nos que depositar os restos orgánicos que despois acabarán na compostaxe”.
Asimesmo, Sanmartín indicou que “Toda a veciñanza que estea interesada en reservar un composteiro poderá facelo escribindo un email a alcaldia@concellodemarin.es.”