Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Concello organiza un novo ciclo de Rutas Culturais iniciando a serie o próximo domingo ao Museo do Pobo Galego

Carriola.Redacción.07.03.23

O próximo domingo terá lugar a primeira das “Rutas Culturais” que organiza o Concello na intencion de coñecer a nosa historia, o noso patrimonio, e facelo camiñando, desfrutando da paisaxe e a contorna natural que temos en Galicia. A primeira xornada será o domingo día 12 e será preciso inscribirse no Museo Manuel Torres, chamando ao 986891186. Hai un máximos e 60 prazas. 

A concelleira de Cultura, Beatriz Rodríguez, presentou o programa deste ano, consistente en catro rutas, dúas para visitar centros museísticos fóra de Marín nos meses de marzo e abril, e outras 2 de andainas a celebrar en maio, dentro do noso termo municipal.

O programa completo desta oferta é o seguinte;

  1. Domingo 12 de marzo. Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela.

Está situado no antigo convento de San Domingos de Bonaval. É un museo de carácter antropolóxico, pero tamén acolle salas de pintura, escultura e arte sacra. As principais coleccións están relacionadas coa cultura popular, gardando valiosos fondos referentes ao mundo mariñeiro e agrario.

Outras seccións son as de hábitat, arquitectura, oficios e imprenta, xunto aos espacios dedicados á sociedade. Igualmente posúe unha excelente colección do traxe e encaixe tradicionais, así como de instrumentos musicais. Ademais será posible visitar a igrexa de Bonaval (séculos XIII – XVI) e o Panteón de Galegos Ilustres, onde descansan os restos de personaxes claves na historia de Galicia, como Rosalía de Castro, Castelao, Alfredo Brañas ou Francisco Asorey.

A saída do autobús con 60 prazas será ás 9,30 da Praza de España e o  regreso regreso será en torno ás 14:30 – 15:00 h.

  1. Domingo 16 de abril. Centro Arqueolóxico do Barbanza, Boiro.

Desde o punto de vista museolóxico, abrangue dous ámbitos de actuación: por unha banda, a presentación e introdución do visitante nas diversas manifestacións culturais da prehistoria recente da península do Barbanza (megalitismo, arte rupestre, cultura castrexa) e, por outra, a difusión e posta en valor do patrimonio arqueolóxico dos castros de Neixón, tanto das ruínas arqueolóxicas como dunha parte representativa dos bens patrimoniais exhumados nas campañas de escavación levadas a cabo nos últimos anos neste xacemento arqueolóxico. Visitarase tanto o centro de interpretación como o xacemento arqueolóxico.

Saída de Marín ás 09:30 h.m regreso en torno ás 14:30 – 15:00 h. e viaxe en autobús de 60 prazas, con saída e chegada á Praza de España.

  1. Domingo 14 de maio. Ruta dos petróglifos de Marín.

Ruta con saída e chegada no Lago Castiñeiras, que se levará a cabo no monte común da parroquia de San Xulián, a que máis vestixios de arte rupestre ten no termo municipal.

  1. Domingo 21 de maio. Ruta das mámoas de Marín.

Ruta con saída e chegada no Lago Castiñeiras, que se levará a cabo no monte común da parroquia de San Tomé de Piñeiro, a que máis mámoas ten no termo municipal

 

roslev