Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A semana da muller arranca coa presentación do libro “Coñecementos ancestrais sobre as prantas?

Carriola.C.M..07.03.23

Onte fíxose presentación dun libro, elaborado por Gaspar Bernárdez, Antonio Regueiro e Uxía Garcés, grazas á inversión do Concello que recolle os saberes das mulleres da nosa vila sobre o uso e a aplicación das plantas que se poden atopar na nosa vila. Con este acto inícianse os actos da semana da muller 

O Museo Manuel Torres acolleu onte a presentación do libro “Coñecementos ancestrais sobre plantas no Concello de Marín”, impulsado polo Concello e levado a cabo por Gaspar Bernéndez, Antonio Regueiro e Uxía Garcés. Na presentación, á que acudiron a alcaldesa, María Ramallo, e a concelleira de Igualdade, Marián Sanmartín, destacouse enormemente o papel que tiveron as mulleres da nosa vilana aportación de todo o seu saber respecto aos distintos tipos de plantas, os seus usos e aplicacións. “Foi moita a xente que colaborou de maneira desinteresada para que este traballo se puidera realizar, pero sen dúbida as persoas maiores, verdadeiras gardas destes tesouros do saber, son as que fixeron posible esta compilación de coñecementos”, explicaron os autores.

No libro, explícase toda a diversidade biocultural que se pode atopar na nosa vila,recollendo como as plantas serviron de alimento, combustible, mediciña ou textil para o ser humano desde hai milenios. Tal e como se explicou na presentación, o libro pretende ser “unha ferramenta útil para aquelas persoas que queiran achegarse ao marabilloso mundo das plantas, facilitando a identificación demoitas delas que se poden atopar no Concello e achegando información sobre as súas propiedades e posibilidades de uso”.

 

roslev