The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Museo Torres recupera unha das obras máis valiosas

 O cadro “Pórtico da Gloria”, de Villafinez, restaurado e devolto ao Museo marinense

 

O Pórtico da Gloria é un dos grandes emblemas da cultura galega a nivel internacional e un dos tantos regalos que o peregrino do Camiño de Santiago pode gozar cando chega á capital autonómica e entra na Catedral.A estrutura ideada polo xenio Mestre Mateo foi e é fonte de inspiración para numerosos artistas, entre os que estivo Lino Martínez Villafinez, marinense de nacemento que tivo en Santiago o seu foco de recreación pictórica máis importante e que retratou en infinidade de ocasións os volumes, os perfís e as figuras pétreas do Pórtico.

 

Restauración de Eva Fontoira

Un deses pórticos, pintado no 1973, é o que acaba de ser restaurado por Eva Fontoira por encargo do Concello de Marín. A concelleira, Itziar Álvarez, promotora desta iniciativa de restauración de obras e que tamén impulsou a posta a punto dun dos cadros de Torres, acompañou á restauradora na presentación do resultado final do cadro no transcurso do cal Fontoira explicou que “o proceso que se levou a cabo consistiu nunha limpeza, porque tiña unha importante capa de sucidade en superficie moi grosa, ao que se sumaba un verniz oxidado pola antigüidade. Pola súa parte, aconcellsira Itziar Álvarez calificou o cambio no cadro deespectacular incidindo que “Gañou en luz, en expresividade, en texturas e agora é posible apreciar a arquitectura do cadro.

A restaurdora apreciou por outra partre que “pódense ver os perfís, os distintos volumes, gana en profundidade e tamén apreciar a pincelada do pintor”.

Ademais da limpeza, levouse a cabo tamén un cambio de bastidor, porque o cadro tiña un fixo, que impedía que a tea acompañase os movementos da obra e producía deformacións no soporte. Púxoselle un móbil de madeira de castaño.

Villafinez eloxiado por Laxeiro

O pintor marinense desaparecido no ano 1970, era eloxiado polos artistas do seu tempo que o consideraban como un referente no seu estilo e comprendían a nada doada vida daquel bohemio da pintura. O propio Laxeiro  aseguraba que pintaba a pedra como ninguén e que, coa súa técnica, conseguía dar unha sensación de pedra húmida, mollada, algo moi típico noso”.

Un bo traballo de restauración

A concelleira agradeceu a Fontoira o seu bo facer na restauración e sinalou a importancia de conservar e recuperar as obras pictóricas que forman parte do patrimonio municipal, especialmente neste caso, nun ano Xacobeo no que Santiago de Compostela, a Catedral e o Pórtico da Gloria, recén restaurado, son enseñas culturais e patrimoniais ao longo de todo o mundo.