The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Participación do Ateneo Santa Cecilia no 8M

Exposición de oito mullere artistas

O Ateneo Sata Cecilia participa directamente na celebración do 8M e delo xa demos na Carriola de Marin cumprida informacio días atrás. Pero non está de máis facer recordatorio e por eso reproducimos a invitación xeral do propio Ateneo a todas as persoas que desexen acudir á sede da asociación para ver de cerca os traballos expostos..

A exposición poderase visitar dende o 9 de marzo ata o 20 de marzo, en horario de 17.00 a 20.00, de martes a venres, e sábados de 11.00 a 13.00

Contaremos coa destreza das mans de 8 mulleres de Marín que amosaranos unha pequena mostra do seu traballo.

Para homenaxear a todas estas mulleres empregamos como imaxe da exposición a Maud Wagner (1877-1961, Estados Unidos), a que se sitúa como primeira muller tatuadora profesional da historia, unha profesión destinada tradicionalmente aos homes.

Disciplinas como a cerámica, a encadernación artística, a fotografía, a decoración de teza, o coiro, a xoiería, a cestería, a tapicería ou o soutache; cubrirán as paredes do noso local durante estas dúas semanas e a cal animámosvos a asistir.

 

  • Laura Villanueva (Cerámica)
  • Ana Varela (Encadernación artística)
  • Maribel Rosales (Fotografía)
  • Dini Martínez (Decoración en teza)
  • More (Coiro)
  • María Iglesias (Xoiería)
  • Pili Campos (Cestería/Tapicería)
  • Marta Carballo (Soutache)