Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Concello lanza unha campaña de visibilización dos locais de hostalaría ubicados na zona de praias

Carriola.Informa Concello.19.04.23

O Concello lanza unha campaña para visibilizar os locais do Vial de Praias, unha opción de ocio perfecta máis alá do verán

Un vermú con brisa de mar? Xantar frente o azul do mar? Un quinto ollando o horizonte? Cear escoitando o mecer das ondas? Na senda das praias de Marín é posible atopar isto e moito máis todo o ano.

Estas son as mensaxes que desde esta tarde poden verse nas banderolas que se instalaron ao longo do Vial de Praias e que forman parte da campaña que o Concello de Marín acaba de lanzar, co obxectivo de apoiar aos locais que se atopan ao pé do litoral e que ofrecen os seus servizos non só durante os meses principais do verán, senón tamén durante o resto do ano.

A concelleira de Turismo e Comercio, Cristina Acuña, refírese a esta iniciativacomo “Unha axuda que queremos facer desde a Administración para visibilizar que estes espazos tamén poden ser utilizados máis alá do verán. Sempre dicimos que Marín é moito máis que mar, e é verdade, porque temos outros atractivos espectaculares ademais das nosas praias, que son un espectáculo. Pero tamén é verdade que podemos aproveitar o potencial do noso litoral noutros momentos do ano”.

A campaña contempla a Instalación de  varias banderolas ao longo do Vial e ademais a colocación unha diante de cada un dos locais abertos para mellorar a súa visibilidade de cara a turistas e visitantes que pode que non estean tan familiarizados con estes establecementos como é no caso da veciñanza.

 

roslev