Carriola.Ateneo Santa Cecilia.20.04.23
Este venres día 21 de abril as 20h no Ateneo Santa Cecilia temos a oportunidade de asistir a unha interesante Charla-Coloquio arredor da última publicación do antropólogo e arqueólogo Francisco Calo " A Historia de España baseouse en Falacias" Nin Reconquista, nin imperio, nin estado ate o século XVIII, nin nación ate o XIX.
Tódolos pobos foron armando a súa historia que lles permitise fachendear diante dos seus veciños. A de España foise forxando ao longo dos tempos ate rematar fixada nos séculos XIX e XX. A súa síntese foi transmitida aos cativos e cativas da totalidade do territorio. Os hispanistas discordaron de ese devir da historia, algúns historiadores sabían perfectamente que era unha información deturpada e que os feitos sucederan de maneira distinta, por eso empezaron a aparecer textos que discrepan da historia oficial.
Francisco Calo expón unha serie de textos e argumentos que poñen de manifesto que a historia que chega aos nosos dias non aconteceu tal e como nola contaron, por eso a importancia de asistir e participar neste debate e coñecer de man do historiador estas cuestións.