Será un coloquio aberto da campaña “Galiza Nación, Un pobo con dereitos
Desde o Bloque nacionalista Galego de Marín infórmase que “A Plataforma Vía Galega, que integra máis de 60 asociacións culturais e sociais, entre as que se atopa o BNG, convoca un coloquio aberto ao público ao abeiro da campaña Galiza nación. Un pobo con dereitos”, que será o próximo 12 de marzo ás 20.00 horas na Biblioteca Municipal Vidal Pazos de Marín”. O coloquio - engaden - comezará coa proxección do vídeo documental e coas intervencións de Pilar Allegue, profesora, e Francisco Calo, profesor e historiador.
O Covid-19 fai obrigatoia a inscripción
Para asistir, cómpre inscribirse enviando un correo a coordenadora@viagalega.gal debido ás medidas de aforo de prevención da covid-19, o salón de actos da biblioteca ten cabida para 30 persoas. O obxectivo desta campaña - indica as mesmas fontes - consiste en que se asuma con naturalidade e consciencia a realidade obxectiva de que Galiza é unha nación, con vontade de existir e de exercer como tal, como se recoñeceu oficialmente en 1933 no IX Congreso de Nacionalidades Europeas, adscrito á Sociedade de Nacións. Quérese tamén fomentar a estima colectiva para que cada vez sexa máis pobo o que acredite e tome conciencia de que a nación galega existe e ten futuro”.
Ampla participación na campaña
O BNG informa tamén de que “Ademais da distribución de folletos explicativos e de cartaces nas vilas e cidades, realizouse un vídeo que define as características que conforman a nación galega e un percorrido histórico e reivindicativo. Persoas referentes da sociedade galega participaron tamén nesta campaña mediante a gravación de cadanseu vídeo para explicar como perciben que Galiza é unha nación. Entre elas figuran Manolo Rivas, Isabel Risco, Suso de Toro, Olaia Maneiro, Xurxo Souto, Pilar García Negro, Francisco Rodríguez, Neves Rodríguez, Antón Ruanova e Pilar Pallarés”.