Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

As familias numerosas poden solicitar a exención do imposto de Bes Inmobles ata o 30 de abril

Na actualidade son xa 25 as que gozan desta axuda

As familias numerosas deste municipio teñen aínda un prazo de presentación da solicitude para a exencion do IBI ata o día 30 de abril co que quedarían exentas no que se refire a este ano. Todas as solicitudes que entren no concello despois desa data, quedarán pendentes para o execicio 2022. O Concello de Marín ten activa unha bonificación deste Imposto destinada ás familias numerosas, para así baixarlle na medida do posible a presión fiscal e favorecer a economía doméstica na vila.

Fontes do propio Concello, informaron de que “a día de hoxe tramitáronse 25 solicitudes de familias que cumplen con este requisito e aínda é posible solicitar a exención para aplicala neste ano, sempre e cando se faga antes do 30 de abril e, en caso de solicitalo despois desta data, aplicaríase para o exercicio do 2022”. Na mesma información explican que “Para solicitar a exención, as familias interesadas deberán entrar na sede electrónica e clickar en solicitude xeral e alí, terán que identificar o inmoble no que se quere aplicar a exención do IBI adxuntando o libro de familia”.

Certificado dixital e facilidades para as tramitacións web

As distintas administracóns aproveitando este avance da dixitalización procuran que os trámites que se fagan nelas sexan deste xeito. O Concello de Marín non está fora desa intención e involúcrase no sistema entendendo que con elo se lle permite aos veciños facer con normalidade e rapidez utilizando estas novas ferramentas nos distintos trámites administrativos. Moitas veces os veciños resistense a empregar estas novidades pola dificultade que para algúns ou moito ten o proceso informático ata o punto que hai que acudir a xestorías ou expertos que axuden.

Oficina municipal en convenio coa Xunta

Nembargantes, o Concello marinense creou a Oficina de Rexistro para a Expedición de Certificados Electrónicos de Persoa Física para a Cidadanía, ao abeiro do convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Fegamp para o desenvolvemento da Administración Electrónica nas entidades locais da nosa comunidade autónoma.

Dende a posta en marcha deste mecanismo, xa son preto de 80 os certificados dixitais tramitados pola plataforma habilitada polo Concello, sendo como é un certificado que se precisa para realizar todo tipo de trámites a través da sede electrónica, como esta solicitude da exención do IBI para as familias numerosas.

 

roslev