Carriola.C.R. Ría de Marín.19.06.23.
O Club de Remo Ría de Marín acadou 8 medallas este fin de semana. Tres delas foron conseguidas polos alevíns Breogán Gutiérrez e Gorka Rivadulla na regata internacional Litocar de Montemor- o-Velho onde os alevíns remaron dúas regatas en dúas embarcacións distintas. Deste xeito, de forma individual Gorka conseguiu unha prata e Breogán un bronce, e os dous xuntos obtiveron un bronce .
Campionato Galego
En canto ao Campionato Galego celebrado en Castrelo de Miño (Ourense), o club participou cun total de 12 rapazas e rapaces de Marín, de entre 15 e 24 anos. Os de Marín conseguiron un ouro, dúas pratas e dous bronces, cos seguintes resultados:

* Xián Gutiérrez campión galego cadete en skiff

* Hugo González e Xairo Rivadulla subcampións galegos en 2-

* Breogán Fariña subcampión galego xuvenil en skiff
* Saioa Iglesias bronce xuvenil en skiff

* Juan David Rodríguez e Danilo Bublyk bronce xuvenil en 2x
* Niobe Barreiro 4ª posto cadete en skiff
* Daniel Rico 5º posto senior absoluto en skiff
*Anxo Blanco e Manuel Caiño 7º posto cadete en 2x
* Hugo Rosales 13º posto cadete en skiff
Esta foi a derradeira proba para estas categorías no calendario galego, que para a próxima fin de semana viaxarán a Banyoles para competir no campionato de España