Carriola.C.R.R. de M..10.07.23
Esta fin de semana o encoro de Castrelo de Miño (Ourense) converteuse nun auténtico fervedoiro de remeiros onde 77 clubes de toda España, con máis de 400 deportistas, participaron no Campionato de España alevín, infantil e veterano. Unha pequena delegación representou a Marín, cun total de 10 remeiros: 4 alevíns, 1 infantil e 5 veteranos.
A pesar de ser un pequeno número, os de Marín voltaron demostrar o seu bo facer e a súa capacidade de facer fronte aos grandes clubes do país. Deste xeito, e despois dos boísimos resultados acadados a nivel autonómico, os alevíns do club de remo marinense - Saleta Fariña e Gorka Rivadulla- remataron a tempada colgando outro ouro, esta vez a nivel nivel estatal, proclámandose campións de España en 2x AMx

Representación marinense en Castrelo de Miño.
Meritoria foi tamén a participación do alevín Breogán Gutiérrez que acabou en 9ª posición en 1xAM, mentres que o alevín Alejandro Estebánez e o infantil Rodrigo Luengo non conseguiron entrar na final. Por outra banda, a veterana Pilar Vázquez quedou 9ª en 1xVF , mentres que en 2xVM Jose Ramón García e Francisco López acadaron a 6ª posición e Ernesto Vázquez e Benito Fernández a 12ª .
Unha gran tempada do Ría de Marín
Péchase así unha grande tempada para o clube de remo marinense, na que, so en competicións autonómicas e nacionais, conseguiron as seguintes medallas:
|
|
Campionato Galego de Longa Distancia |
Campionato Galego de Remoergómetro |
Copa Primavera |
Campionato Galego de Remo Olímpico |
Campionato de España de Remo Olímpico |
|
OURO |
2 |
2 |
3 |
6 |
1 |
|
PRATA |
2 |
1 |
- |
2 |
- |
|
BRONCE |
- |
2 |
2 |
3 |
1 |
Compre destacar o bo facer do club, que ano a ano está a mellorar as súas marcas, e a levar o nome de Marín por toda a xeografía nacional e mesmo internacional. A pesar de ser un club pequeno, cunhas difíciles condicións para entrenar, sobre todo por contar cun pésimo acceso a auga e cun nulo apoio da Autoridade Portuaria, os de Marín suplen estas deficiencias cuns altos estándares de calidade, cuxos resultados falan por si mesmos .
Campamento de verán
Todos aqueles rapaces e rapazas que queiran probar o remo e unirse a este grupo de campións poden facelo a través do campamento de verán ou ben das escolas deportivas. Só precisan ter máis de dez anos e saber nadar.