Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Mangoneando o Sanmigheleiro

Carriola. Luis Vilas. 11.07.23

E de novo (como era de esperar) volvemos á polémica co San Migheleiro. Un Deja Vu. Imos por partes...

O 23 de setembro do ano pasado, véspera do último San Migheleiro, O Patonato publicou o seu habitual escrito onde alentaba ós marinenses a participar da festa, desexando un resultado exitoso para todos, que finalizaba do seguinte xeito:

E para rematar, anunsiarvos que ate aquí cheghou a labor do Patonatro SanMigheleiro. Sí,

O Patonatro entregha as armas despois de 10 anos de defensa do patrimonio lúdico-cultural da nosa festa. Damos por suposta a consolidación do Maratón SanMigheleiro Sen Traxe na axenda marinense, e nos corazóns e estómagos dos migheleiros.

(AVISO: seguiremos vixiando.)

Non toca falar, polo de agora, das motivacións do “cese da actividade” do Patonatro, mais resulta ben curioso o pouco que tardaron en aparecer os intrusos para poñerse a mangonear o San Migheleiro. O comunicado do Concello nas súas redes sociais do pasado martes 4 de xullo dá fe do cambalache.

Primeiro por ser un texto intencionadamente confuso; un exercicio de trilerismo retórico onde utilizan como “bolita” o día 29, pero no que non se chega a concretar claramente as datas.

Segundo, porque se fala de acordo a tres bandas onde unha parte non está realmente representada: a hostelería. Chamouse a tódolos bares para debatir a proposta? Non.

Terceiro, seica houbo unha votación con resultado unánime... tal que así, sen opinións contrarias nin debates. Home, claro, se non avisas a quen che pode levar a contraria é máis sinxelo chegar ás unanimidades.

E cuarto... non se lembran ningunha destas partes que o San Migheleiro non lles pertence a ningún deles? Que se negociou? Qué contrapartidas quedan a favor do Migheleiro? Que gaña a festa co cambio?

En conclusión, que montaron unha película, unha posta en escena, para algo que xa tiñan pechado de antes. Foron sacala foto e co selo do Concello xa quedaba oficializada a resolución.

A posteriori entérome de que esa hostelería representada chegou á reunión cos deberes feitos. Xa o decidiran nun “grupo de whatsapp”... Pero que grupo de whatsapp? Están todos os bares de Marín nese grupo de whatsapp? Preguntóuselles a opinión aos bares que non están nese chat? Realmente se debatiu con argumentos a favor e en contra do cambio? E a todo isto... que lexitimidade ten un

grupo de whatsapp para cambiar unha data dun evento que no lle pertence? Unha data que quedou ben clara xa hai moitos anos, reafirmada en cada unha das súas edicións e consolidada como norma: O ÚLTIMO SÁBADO DE SETEMBRO.

Pois si...¡¡¡Un grupo de whatsapp!!! Vamos a ver... Isto ten o mesmo valor que se a decisión fora tomada polo chat de “Nais de 3º B de Primaria das Viñas Blancas” ou polo grupo “Despedida de solteiros de Yeni y Juancho”. Que non, señores; que non poden tomar á xente por parva. Polo que a nós respecta, e a moita xeite que se manifestou nas redes sociais, esa reunión e a decisión tomada carecen de validez.

Nese mesmo comunicado do Concello anúnciase a seguinte resolución: o SanMigheleiro quedaría desprazado ao sábado anterior á semana do 29, e a Danza das Espadas ao domingo posterior. Así que nos atopamos que, según eles, este ano o Maratón SanMigheleiro quedaría para o sábado 23 mentras a Danza sairía o domingo 1 de outubro.

E qué pasaría nos anos seguintes? Pois para o 2024 mandarían o Migheleiro ao sábado 21 e a Danza quedaría para o 29, o mesmo día de San Miguel. (Oe..., que se tomamos ao pé da letra a premisa imposta de que sexa o domingo posterior á semana do 29, pode entenderse que a Danza debería irse ao domingo 6 de outubro.)

E en 2025? Pois resulta que o 29 de setembro cae en luns co que o SanMigheleiro quedaría no día 27, e volvería ao último sábado do mes, mentras que a Danza non sería ata o 5 de outubro. E no 2026? San Migheleiro o 26 de setembro e a Danza o 4 de outubro...

¿Están seguras as partes contratantes de que neses anos van a manter esa proposta de ubicación das celebracións, ou se van saltar o seu revolucionario acordo para que lle encaixe mellor? (por suposto mangoneando de novo ó seu gusto o San Migheleiro.) Vanse quedar quietiños eses anos aceptando esa misma norma cando non lles beneficie? Non o creo.

Pero realmente cal é o interés/causa/intención de mover o SanMigheleiro da súa data?

  1. Evitar que ás rúas queden enmerdadas para a celebración institucional do Patrón? Pois non. Sempre se acordou en que o Concello proveería de medios e cuadrillas de limpeza para adecentalas rúas para a celebración da Danza. Aínda que tamén podería tirarlle das orellas a aqueles negocios que non se fan cargo da limpeza da zona que afectou a súa actividade. Así que si estamos para contar billetes tamén debemos estar para recollelo lixo que se corresponde con eses beneficios.
  2. Ter dous días de festa, dous días de caixa? Pois non. Do mesmo xeito que non se poden comparar as caixas entre os bares da ruta da mañán cos da tarde e noite, tampouco se pode dicir que o día do Patrón supoña unha enchente de cartos para a hostelería marinense, e todos o saben. Ese domingo da Danzas das Espadas, fora do circuito “alamedacentrista”, non deixa de ser un domingo máis.

“Es que muchos danzantes nos llegan borrachos o ni siquiera llegan a la Danza.” Irán por aquí os tiros?

Pois resulta que esta última é a auténtica motivación por cambiar a data do San Migheleiro. Nada ten que ver co patrimonio cultural, nin coa Unesco, nin cos restos de vómito nas rúas. É puro medo a que non lles aparezan os danzantes ou lles cheguen con resaca. E non, este non é un razonamento improvisado ou gratuito coa intención tocar as narices; este foi o argumento máis serio que se deu hai 11 anos naquela reunión no Concello na que sí estiveron representadas tódalas posturas, e saiu da boca dunhas representantes das asociacións das Danzas. “Es que los de la Danza también tenemos derecho a disfrutar del Migueleiro”. E non inventamos nada; hai testemuñas dabondo.

Ata o ano pasado O Patonatro cumpriu esa labor de defensa da festa para evitar mangoneos, e tamén o de coordinar co Concello a celebración, ademáis de aportar o deseño do cartel e dos flyers. Pero se hai algo que se lle pediu ao Concello nos últimos anos, máis aló dunhas charangas para animar a rúa, era o de permitir aos bares certa manga ancha en canto aos horarios, sempre polo ben da festa. Tamén decatámonos (sen necesidade de dar detalles) que nestes últimos anos a festa foi tomando unha deriva que pouco ten que ver co espíritu migheleiro.

Xusto O Patronato decide botarse a un lado, (tamén para ver como o fan outros), e ás primeras de cambio deciden cargarse unha das premisas e ideas emblemáticas da festa: a súa data, o último sábado de setembro. Poderán ser hosteleiros mellores ou peores, pero de migheleiros teñen pouco.

Por eso volvo a falar de cambalache, de amaño acordado a espaldas da xente e deixando fora do debate a bastantes hosteleiros. Están metendo de novo a man nunha festa que non lle pertence nin ao Concello de Marín, nin a ningún hosteleiro e moito menos a un grupo de whatsapp. O SanMigheleiro é da xente.

Non sabemos o que se está argallando para o día 23 de setembro, e se inventan algo pois que tamén que lle poñan outro nome, porque iso non é o San Migheleiro.

Se algo debe quedar ben claro é que o XXXI MARATÓN SAN MIGHELEIRO SEN TRAXE vai ser o día 30, o último sábado de setembro.

 

roslev