Carriola.CRM.20.05.24.
julio@carriola.es.
Xián Gutiérrez ouro e Níobe Barreiro bronce en remo na Regata Internacional de Gondomar (Portugal) consolidando unha boa participación do club de remo marinense que desprazou a esta competición internacional a 16 remeiros
Un total de 16 remeiros do CR Ría de Marín se desprazaron este fin de semana ata Gondomar, onde participaron na 43º Regata Internacional de Gondomar . Organizada polo Clube Naval Infante Don Henrique, é unha regata tradicional e de gran prestixio nas augas do río Douro en Portugal. Os de Marín voltaron con boas sensacións e con dous metais, o ouro do cadete Xián Gutiérrez e o bronce da xuvenil Níobe Barreiro.