Colexios e asociación veciñais deron un exemplo de tradición.
Carriola.Redacción.2.05.21.
Recibimos del Ateneo Santa Cecilia a información da decisión final sobre os premios concedidos aos maios inscritos no concurso especial deste añno, nota que reproducimos íntegramente:
No día de hoxe celebrouse o tradicional Concurso de Maios e Embarcacións convocado polo Ateneo Santa Cecilia e patrocinado polo Concello de Marin. Ainda en circunstancias tan adversas e con restriccións de mobilidade e reunión, a resposta dos Colexios do noso Concello e das Asociacións, foi extraordinaria, presentando 13 traballos (9 maios e 4 embarcacións).
Queremos destacar o enorme traballo realizado a pesares das dificultades, e a implicación dos profesores, nais e pais de alumnas/os, nenas e nenos de infantil e primaria do CEIP A LAXE, CEIP O CARBALLAL, CEIP O SEQUELO, EEI NOSA SEÑORA DO CARMEN, CEIP ARDÁN, CPR PLURILINGÜE SEI SAN NARCISO , e como non, das asociacións "Amigos dos Rapaces" "Pérez Crespo de Mogor", "Landeiras e "Os da Caña", no afán de manter as nosas tradicións.
Visita e decisión do jurado
O Xurado, formado por membros do Ateneo e do Concello de Marin, visitou cada un dos colexios e locais onde se elaboraron os traballos, quedando tan impresionados polos mesmos que, en reunión posterior ás visitas, acordou condeder os premios "ex aequo" xa que resulta imposible destacar uns traballos sobre outros. Todos son "excelentes e todos merecerían o primeiro premio".
Exposición no multiusos
Tamén se acordou que os traballos se expoñan no Multiusos da Praza de Abastos de Marin a partires do luns, tres de maio, para que todos aqueles que o desexen poidan admirar estas obras de arte natural e floral, así como as embarcacións, (reproduccións de modelos de barcos tradicionais).
Entrega de premios
Os premios a todos os participantes entregaranse o martes día 4 as 20 horas no Museo Manuel Torres de Marín coa participación dos representantes do Concello e do Ateneo Santa Cecilia como Entidade organizadora.
Poderán asistir dous representantes por cada un dos maios ou embarcacións para respectar o aforo da sala.
Tamén queremos comunicar que moitos centros de ensino elaboraron uns maios en miniatura que están expostos no Museo xunto cos da artista local Cristina Barreiro.
Dejamos a continuación algunas imágenes de los participantes












