The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O CEIP da Laxe, gañador das II Olimpiadas de Patrimonio Cíes Illas Atlánticas celebradas onte na Illa de San Simón.

Carriola. CEIP A Laxe. 08.11.21

Tres alumnos do CEIP A Laxe resultaron gañadores durante o día de onte domingo das olimpiadas de Patrimonio Cíes- Illas Atánticas celebradas na illa de San Simón. O grupo participante estaba formado por unha nena e dous nenos de 6ºEP, Mireia, Bruno e Diego, que se esforzaron ao máximo para coñecer a fauna e a flora típica das illas do Parque, descubrindo curiosidades e historias chamativas de cada illa. Acompañados pola súa titora, María Taboada, afrontaron este reto con éxito.
O concurso consistía en preguntas, imaxes e vídeos tipo test. As diferentes fases do concurso ían enfrontando aos participantes ata chegar á final, onde soamente podía gañar un equipo
O equipo ganador, o do CEIP da Laxe, poderá viaxar cos seus achegados a unha das illas do Parque e descubrila cunha «Visita do explorador», e un lote de libros do Parque. Felicidades a Mireia, Bruno e Diego por participar nesta aventura e superala con nota.