The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O BNG reclama a colaboración das institucións para cos sectores máis perxudicados pola pandemia

O BNG reclama a colaboración das institucións para cos sectores máis perxudicados pola pandemia.

Lucía Santos Omil, portavoz municipal do BNG no concello de Marín, ante a deriva que se observa na problemática concreta da hostalaría polo problema da pandemia, indica que “a proposta que plantexa o BNG,  consiste na dotación de apoio económico para a implantación dos códigos QR nos locais, cursos de formación para o funcionamento dos mesmos, ou cartaces e material informativo para consultar o aforo dos locais.”

A portavoz nacionalista  trasladou á Comisión de Comercio celebrada este pasado mércores 17 de febreiro, unha solicitude para que o goberno municipal comece a traballar en plans de apoio directo para axudar na instauración das novas medidas, e lembra que “no vindeiro mes de marzo, cumprirase xa un ano dende o primeiro confinamento, e a situación que están sufrindo tanto a hostalaría como o mediano e pequeno comercio é moi delicado, tendo que soportar con negocios pechados ou restriccións de horarios e aforos.”

Lucía Santos aproveita o anuncio do presidente da Xunta de Galicia que ven de anunciar que se está estudando a implantación de novas medidas sanitarias para aplicar no sector da hostalaría na súa próxima apertura, para pedir un control de rexistro de clientes e así actuar con maior rapidez na detección de contaxios por coronavirus, e recorda que “Estamos ante unha situación económica moi grave, na que cómpre poñer todos os medios precisos para paliar a crise económica e social derivada da pandemia. Polo que o BNG considera imprescindíbel a colaboración de todas as institución para investir nos sectores máis perxudicados e colaborar en todo o que sexa preciso”.