Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Ateneo Santa Cecilia convoca un concurso de carteis para o Enterro da Sardiña 2023 cun premio de 300 euros ao gañador

Carriola.Redacción.06.01.23

O Enterro da Sardiña que voltará a ser a culminación “oficial” do Entroido marinense no día de mèrcores de cinza, conterá unha novidade con respecto a edicións anteriores xa que oAteneo Santa Cecilia, entidade organizadora e conservadora desta xenuina tradición marinense, decide convocar un concurso de carteis do evento dotado con 300 euros comoúnico premio ao cartaz elexido como galador do certame.  En roda de prense presentouse onte no Ateneo o concurso de cartaz anunciador do Enterro. Dotado cun único premio de 300 euros. As propostas en formato Din A3 poderanse presentar ata o sábado, 28 de xaneiro, fisicamente no noso local ou mediante correo electrónico: ateneosantacecilia@gmail.com.

Bases de participación

No acto de presentación do concurso fixéronse constar as bases de participaci´`on no mesmo que transcribimos a continuación:

PRIMEIRA.- OBXETO

O presente concurso ten por obxecto seleccionar o cartaz anunciador do “Enterro da sardiña 2023”

SEGUNDA.- PARTICIPANTES

Poderán participar no concurso todas aquelas persoas maiores de 18 anos que estean interesados/as nesta convocatoria, cun máximo dunha obra por autor/a.

TERCEIRA.-

A.- TEMA: O Enterro da Sardiña

B.- CARACTERISTICAS TÉCNICAS:

▪ Será de técnica libre para que sexa posible a súa reprodución, sempre que sexan orixinais.

▪ Os cartaces presentaranse en formato Din A3.

▪ Título “ENTERRO DA SARDIÑA 2023” aparecerá no deseño.

▪ No caso de empregar algunha imaxe ou marca que non sexa propiedade do autor/a,

deberase xustificar a compra dos dereitos (excluiranse de concurso as obras con imaxes

procedentes de internet protexidas por dereitos de autor).

▪ Breve explicación (máximo 5 liñas).

CUARTA.- PREMIO

Establécese un único premio de 300 euros. Mediante o outorgamento deste premio o Ateneo Santa

Cecilia adquire en exclusiva tódolos dereitos de propiedade intelectual inherentes a obra premiada

e poderá libremente utilizala para publicitar o Enterro da Sardiña do ano 2023.

QUINTA.- PRESENTACIÓN

Os traballos presentaranse no local do Ateneo Santa Cecilia sito na Rúa do Forno, 42 – Baixo, de

martes a venres en horario de 17:30 a 20:30 horas ou os sábados de 11:00 a 13:00 horas ata o  sábado 28 de xaneiro de 2023, que quedará pechado o prazo de admisión.

Tamén é posible o seu envío vía correo electrónico ateneosantacecilia@gmail.com.

Os cartaces presentaranse sin ser asinados polo autor/a, e identificados baixo un lema que

aparecerá na parte traseira. A presentación do cartaz deberá acompañarse dun sobre pechado onde no seu exterior figurará o lema do cartaz e no seu interior figurará outro sobre cos seguintes datos: nome, apelidos, DNI, dirección, teléfono e correo electrónico.

SEXTA.- XURADO

O Xurado estará composto por dous membros da directiva do Ateneo, un/ha representante do Concello, e un/ha licenciado/a en Belas Artes.

O xurado poderá declarar deserto o premio no caso de considerar que ningún dos traballos

presentados reúna os méritos suficientes para ser premiado.

O fallo do xurado será inapelable, e darase a coñecer o luns 30 de xaneiro.

SÉTIMA.- TRABALLO PREMIADO

O traballo premiado quedará en propiedade en exclusiva do Ateneo Santa Cecilia que queda facultado para introducir algún texto ou logotipo que non figure inicialmente

nestas bases.

OITAVA.- PUBLICIDADE

Farase público nas Redes Sociais do Ateneo Santa Cecilia e medios de comunicación.

NOVENA.- NORMAS FINAIS

O feito de participar no concurso implica o coñecemento e aceptación da presentes bases.

 

roslev