The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O cine de Seixo acolle hoxe ás oito da tarde a proxección do documental “Acorda, cartografía musical da Memoria Histórica de Pontevedra”

Carriola.Redacción.25.01.23

Esta tarde, ás 20 horas proxectarase na sala de cine de Seixo o documental “ACORDA, Cartografía Musical da Memoria Histórica de Pontevedra, nun acto organizado pola Asociación pola recuperación da Memoria Histórica de Marín

Trátase dun evento gratuito até completar aforo organizado en colaboración co programa de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra "O Pasado Por Vir", onde se proxectará o documental "Acorda. Cartografía Musical da Memoria Histórica de Pontevedra", unha peza audiovisual baixo a dirección artística de Uxía Selle e Marina Carracedo, o guión de Lois Pérez, a dirección de Lucas Terceiro e o asesoramento de contidos de Montse Fajardo, que dá a coñecer lugares singulares para a memoria dentro da provincia (O Pozo da Revolta, A Ponte do Regueiro, Anguieiro, Alcabre, A Volta da Bombardeira, A Volta da Moura, San Simón "illa da Memoria") a través da música. Participan as intérpretes Ugia Pedreira e Marina Oural, Tanxugueiras, Emilio Rúa e Silvia Penide, Sheila Patricia, Eladio Santos, Ezetaerre, Uxía e Su Garrido.

Grabado en Marín, en parte

En novembro de 2020 tivo lugar a grabación no lavadoiro de Loira e no Pozo da Revolta con intervención de Lois Pérez, Ugia Pedreira e Marina Oural. A presidenta da ARMH de Marín, Queta Otero "Molas" tamén é parte activa do documental.

A sinopse do audiovisual explica que "Acorda" é "unha mensaxe de paz, memoria e rebeldía para as novas xeracións. Toda historia de represión e inxustiza ten o seu relato de resistencia e esperanza. A nosa memoria acorda e renace nos lugares, na xente. No 36, o fascismo franquista quixo apagar a nosa voz e o noso pensamento, quixo roubarnos a chuvia. A historia escríbea quen vence, pero outras historias continuaron escribíndose tamén. Hoxe, coma quen acorda dun longo sono, volvemos a algúns dos lugares onde habitou o silencio, o medo, a perda e poboámolos de música, cancións e palabras".

Contaremos coa presenza de María Ortega (Deputada do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico, Memoria Histórica e Lingua da Deputación de Pontevedra) e Montse Fajardo (Técnica do programa de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra).