Carriola.Informa Ateneo.03.02.23.
O actor Rubén Riós vai estar hoxe no Ateneo Santa Ceciliapola actriz de Marín, Maika Braña e a escritora Elena Gallego Abad para presentar o libro da súa autoría “Arrieros Somos”.
Hoxe, ás oito da tarde no Ateneo Santa Cecilia vainos visitar Rubén Riós, o actor de varias series de TVG, peliculas, documentais etc, polos que ten recibido diversos recoñecementos e premios.
Nesta ocasión vai manter unha conversa coa escritora marinense Elena Gallego Abad e coa actriz Maika Braña sobre un libro que Rubén escribiu durante a pandemia "Arrieiros Somos", libro no que se recollen testemuñas directas de diversos/as protagonistas, algúns/has veciños/as seús, os seus propios pais, e outros/as galegos/as moi especiais: un afiador, unha pastora de ovellas, emigrantes retornados a aldea, ou humildes labregos entre outros, vidas e vivencias, sentimentos que nos achegan as nosas raices, o que sentiu ao entrar nos fogares dos seus protagonistas tendo en conta os valores que as xentes do noso rural nos inculcarón para ser o que somos hoxe.
Propoñemos esta interesante conversa na que os/as asistentes tamén poderán participar e aportar a súa valoracíon.
Actor e productor experimentado e moi premiado
Hai xente que non coñece ou non sabe quen é este actor que agora escribe un libro, pois realmente é un home de 42 anos actor, produtor, director, ideólogo e activista social.
Como actor traballou en series como "Libro de familia" "Matalobos" "Piratas" "Urxencia Cero" e Auga Seca", no cine en títulos como "Pradolongo" e "Vilamor".
No 2007 creou a produtora Claqueta Coqueta. Galardoado cos premios Mestre Mateo 2008 e 2010.
En 2013 a raíz da curtametraxe Vida e o documental "Mais ca vida" crea un método pioneiro a nivel europeo que utiliza o cinema como ferramenta de inclusión social e laboral para colectivos vulnerables e polo que lle outorgaron o premio PrixCircom.